Deputación de Lugo

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, confirmou que ningún representante da Deputación de Lugo acudiu ás xuntanzas ás que se lle citou desde a Consellería de Traballo e Benestar nun caso evidente de falta de respecto institucional e político

A DEPUTACIÓN DE LUGO NON SE INTERESOU EN NINGÚN MOMENTO POR TRATAR COA XUNTA O NOVO DECRETO DE SERVIZOS SOCIAS E PESE A ISO SE DEDICOU A CRITICALO

  • Os feitos e os actos desminten a suposta preocupación dos membros do Goberno provincial respecto do futuro do servizo de axuda no fogar dos concellos e poñen de relevo a pretensión do bipartito lucense de enganar aos veciños con fins partidistas.
  • Jose Manuel Balseiro cualifica de “plataforma da mentira” o grupo de alcaldes socialistas e nacionalistas contrarios oa decreto, plataforma que, cómpre lembrar, se constituíu sen a participación e coa oposición firme dos rexedores municipais do PP, os maioritarios na provincia.

Audios da comisión parlamentaria (intervencións de Balseiro e Coro Piñeiro, secretaria xeral de Política Social):

Santiago, 31 de maio de 2012.- A secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro, confirmou hoxe, no transcurso dunha resposta parlamentaria ao deputado popular Jose Manuel Balseiro que ningún representante da Deputación de Lugo acudiu nas tres ocasións nas que se lles citou desde a Consellería de Traballo e Benestar para manter unha reunión sobre o novo decreto de Servizos Sociais.

Este feito vén a demostrar, en palabras do deputado popular, “que lonxe da preocupación que dicían ter os representantes do Goberno provincial lucense por este asunto, o único que pretendían era xerar unha alarma inxustificada, enganar a poboación e infundir a estratexia do medo en algo tan serio como son os servizos sociais e nun intento pouco existoso de sacar réditos políticos”

Para Balseiro está claro que no bipartito provincial “non había vontade algunha de alcarar nada, senón máis ben embarrar o campo. Pensaban que lles iba ben. O único que había era unha vontade partidista a través do engano, da manipulación e da mentira”.

PLATAFORMA DA MENTIRA

De feito Jose Manuel Balseiro cualifica precisamente de “plataforma da mentira” á posta en marcha pola Deputación xunto cun grupo de alcaldes socialistas e nacionalistas contrarios oa decreto de Servizos Sociais e que se constituíu, cómpre lembralo, sen a participación e coa oposición firme dos rexedores municipais do PP, maioritarios na provincia.

O deputado popular lembrou que esta plataforma naceu “viciada” xa que a Deputación convocou aos alcaldes baixo o pretexto de falar de servizos sociais, pero rematou sendo “un mitin propio da estratexia que hoxe seguen no bipartito provincial, isto é, a de continua confrontación coa Xunta,” e rematou por constituírse sen a prensanza da maioría dos alcaldes da provincia, os do PP.

“Cando lles está mentido aos representantes de todos os cidadáns da provincia de Lugo, imaxínase vostede que é o que se fará cos cidadáns- dixo Balseiro.

DISTRIBUCIÓN DE COMPETENCIAS

Resolvendo as preguntas suscitadas polo deputado popular, Coro Piñeiro corroborou na Comisón de Sanidade e Política Social do Parlamento, que o novo decreto de Servizos Socias limítase a concretar e definir claramente cales son as competencias de cada administración, atribúidas xa nas leis de Bases de réxime local e Lei de administración local de Galicia, e na propia Lei de Servizos Sociais que PSOE e BNG, os mesmos que forman hoxe o Goberno da Deputación de Lugo, aprobaron na pasada lexislatura.

Coro Piñeiro insistiu na importancia de “aplicar formulas de colaboración, cooperación e corresponsabilidade de todas as administracións sobre todo cando se exercen competencias concorrentes” e deixou claro que a Xunta, como o estaba facer ata o de agora financiará o servizo de axuda no fogar para dependentes e aos trabalaldores sociais en todos os concellos galegos.Mentres que a Deputación terá que poñer a súa parte só para o servizo de axuda ao fogar básico naqueles concellos de menos de 20 mil habitantes.

DISPOSICIÓN DE COLABORACIÓN POR PARTE DA XUNTA

A secertaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, reiterou á máxima disposición da Xunta para colaborar entre adminsitracións no mantemento dos servizos sociais municipais e sinalou que a este respecto todo parece indicar que no caso da Deputación de Lugo hai unha clara falta de vontade. Con todo, sinalou que ela sempre estará aberta “a falar, a debatir, a explicar, a buscar fórmulas –sobre todo nestes tempos difíciles- para facer sostible hoxe e no futuro os servizos sociais municipais”

Pola súa contra o deputado popular, Balseiro, concluíu sinalando, á xuízo dos feitos descritos, que Goberno provincial lucense quedou retratado na mentira, “mentiu aos alcaldes e aos veciños”.