A verdade das reformas

Se o PSOE gobernase España cinco meses máis, hoxe non estaríamos a falar  dunha axuda á banca, senón do rescate do país

 Balseiro: “Se o Goberno Central non levase a cabo estas reformas, España tería que ser intervida”

  • O crédito europeo á banca é clave para o futuro do euro e para garantir a financiación da economía
  • Esta operación de crédito non afectará aos cidadáns xa que non terá condicións engadidas
  • Non supón unha intervención do país, xa que só se impondrán condicións á banca

A Pontenova, luns día 11 de xuño de 2012.- O Secretario Xeral do PP en Lugo, José Manuel Balseiro acudiu esta tarde a Pontenova para explicar as reformas levadas a cabo polo Goberno de España.

Acompañado da Voceira do PP na Deputación, Elena Candia, de Deputados Nacionais, Autonómicos e provinciais e de alcaldes e voceiros da zona, Balseiro centrouse na axuda financieira ás entidades bancarias aprobada polo Eurogrupo.

“Os 100.000 millóns de euros son a provisión máxima que concede o Eurogrupo, pero non a cifra que necesitará a banca española. O PP non fai intituicións acerca de cal será a cantidade final. Saberémolo cando se coñezan as auditorías independentes avaladas polo BCE e o Goberno. O que sí temos claro, é que este debe ser o proceso final de reestructuración do sistema financieiro”- manifestou Balseiro

Dixo o Secretario Xeral do PP que non se trata dun rescate a España, xa que esta operación de crédito nada ten que ver coas intervencións noutros países, como Grecia, Irlanda ou Portugal.

“España é un país que segue colocando a súa débeda, cuxa demanda cuadriplica a oferta, e que mantén a súa imaxe de solvencia.” – afimou Balseiro.

 Destacou o popular lucense que se España non fixese os deberes coas reformas laboral, financieira e administrativa, marcando un obxectivo de déficit serio e rigoroso, hoxe sería un país intervido, e as esixencias da UE serían tan ou máis duras que as impostas a outros países que sí foron rescatados.

“Os esforzos e sacrificios de tódolos españois nos últimos cinco meses permitiron esta operación, que non terá custo para a sociedade, xa que non ten condicións engadidas”- manifestou

Lembrou Balseiro que para medrar e xerar emprego é imprescindible sanear as contas das administracións públicas, emprender reformas estructurais e reestructurar o sistema financieiro para que volva a fluír o crédito. Ao seu xuízo, coas reformas adoptadas ata agora gañouse a credibilidade ante os socios europeos e as institucións.

Ante as críticas verquidas polos socialistas, quenes aseguraron que as declaracións do Presidente de España foron unha “mentira masiva”, asegurou Balseiro que por decencia e responsabilidade deben estar calados

“A única mentira masiva dos últimos sete anos foi a do señor Zapatero acerca de que España cumpliría o 6% de déficit, e finalmente acabamos no 8.8%. Aí comenzou a necesidade do axuste. Se o PSOE gobernase España cinco meses máis, hoxe non estaríamos a falar  dunha axuda á banca, senón do rescate do país. Así que por decencia e responsabilidade que estén calados”- manifestou José Manuel Balseiro.