Reforma da Política Pesqueira Común

Jose Manuel Balseiro di que os grupos da oposición non están á altura da importancia do debate sobre o futuro do sector marítimo-pesqueiro e lamenta que socialistas e nacionalistas non queiran contribuír a elaborar unha posición común en defensa dos intereses de Galicia

 O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DE DITAME SOBRE ASPECTOS CLAVE DE GALICIA ANTE A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN E A TRASLADA AO CONSELLO GALEGO DE PESCA

 

  •  A intransixencia do BNG e a negativa do PSOE a deixar en evidencia aos nacionalistas fixo imposible o acordo unánime sobre un documento pese a estar consensuado en máis dun 90% do seu contido

Audios:

Presentación e propostas:

Chamamento á responsabilidade da oposición e á participación do sector:

Santiago, 13 de xuño de 2012.- O Parlamento galego asumiu a proposta de ditame –defendida polo Grupo Parlamentario Popular- sobre aspectos clave para Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común. O documento aprobado pola Cámara será remtido agora ao Consello Galego de Pesca –máximo órgano de consulta do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego- para o seu debate e aprobación definitiva.

 Ao finalizar todo o proceso será posible contar cunha serie de propostas, incluídas nun documento–avalado polo Parlamento de Galicia e polo sector- “que levará recollidos as demandas, inquedanzas e arelas de futuro das nosas xentes do mar, do noso tecido industrial pesqueiro, das nosas asociacións e formacións sociais” explicou Balserio. E unha vez rematado tócanos “darlle curso ás nosas pretensións diante das institucións europeas, argumentando a nosa potencia pesqueira, a de Galicia, en forma de palabras e apuntalando o desexo de que nos manteñamos fortes hoxe, mañana, no futuro”.

 O documento aprobado defende, entre outras cuestións, o necesario equilibrio dos aspectos social, económico e da sustentabilidade ambiental nos aspectos que recolla a futura normativa, a flexibilización do obxectivo de Rendemento Máximo Sostible, a articulación de medidas de axuda e apoio nas políticas de minoración de descartes, a introdución das concesións de pesca transferibles (salvo para a pesca artesanal), a derrogación da estabilidade relativa, o reforzo do papel dos Consellos Consultivos Rexionais, a mellora do fondo europeo de pesca e da estrutura de mercados pesqueiros e a  identificación e recoñecemento das especificidades da flota costeira artesanal e do marisqueo galego

PSOE E BNG DE COSTAS AO SECTOR

O voceiro do Mar dos popualres galegos sinalou que a intransixencia do BNG e a negativa do PSOE a deixar en evidencia aos nacionalistas fixo imposible o acordo unánime sobre un documento pese a estar consensuado en máis dun 90% do seu contido. De feito os tres grupos políticos con representación na Cámara galega traballaban xunto coa Consellería do Medio Rural e do Mar nun ditame conxunto cuxa última versión foi a que se someteu ao parecer do Pleno do Parlamento e resultou finalmente aprobada.

Jose Manuel Balseiro, lamentou que os grupos da oposicion non estiveran á altura da importancia dun debate –sobre a nova normativa europea- básico para o futuro do sector marítimo-pesqueiro. Na mesma liña censurou que socialistas e nacionalistas non queiran contribuír a elaborar unha posición común en defensa dos intereses de Galicia e “moito máis aínda que disfracen a súa falta de apoio con falsos pretextos formais e mentiras a súa nula vontade de chegar a un consenso”.

 Segundo conclúe o portavoz do Mar “cando toca á hora da verdade PSOE e BNG dan ás costas ao sector” e o fan, “diante do que é, quizás, o debate más trascendental para o futuro das xentes do mar dos que teñen previsto formularse no futuro na Unión Europea”