• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa
Ampliación do Hospital da Costa »

Campaña do bonito

22, Xuño 2012 por Admin B

Asume a iniciativa defendida polo Grupo Parlamentario Popular, a través do seu voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, para que o reparto dos gastos sexa proporcional ao número de buques que cada comunidade destina a esta campaña

O PARLAMENTO DE GALICIA PIDE QUE AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DO CANTÁBRICO COLABOREN NO CUSTO DO OPERATIVO DE APOIO Á FLOTA DO BONITO

  • Balseiro dixo que lle consta que a Xunta ten disposición total a participar neste operativo de apoio á flota boniteira pero lembra que Galicia asumía en solitario este gasto a pesar de que máis do 90% das asistencias dos Gardacostas galegos beneficiaban a buques doutras comunidades.
  • O Parlamento asume unha emenda do PP e aproba por unanimidade consultar nos encontros profesionais da mariscadoras a creación dun permex temporal en caso de baixa prolongada do seu titular.

Santiago, 22 de xuño de 2012.- O Parlamento de Galicia acordou hoxe pedir ás comunidades autónomas do Cantábrico que colaboren no financiamento dos custos do operativo loxístico de apoio á flota do bonito. Deste xeito a Cámara galega aprobaba, na sesión celebrada hoxe da Comisión de Pesca e Marisqueo, unha iniciativa defendida polo Grupo Parlamentario Popular, a través do seu voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, pedía que o reparto dos gastos sexa proporcional ao número de buques que cada comunidade destina a esta campaña.

Ata o de agora só Galicia -a través da Xunta- destinaba buques da súa titularidade –ben o buque polivalente Irmáns García Nodal ou o buque remolcador Sebastián de Ocampo– para que acompañen a flota boniteira en alta mar e a asistan ante calquera incidencia. En consecuencia Galicia lembra que Galicia asumía en solitario a totalidade deste gasto a pesar de que máis do 90% das asistencias dos Gardacostas galegos beneficiaban a buques doutras comunidades.

Balseiro quixo deixar constancia expresa de a Xunta ten disposición total a participar neste operativo de apoio a esta flota. De feito así o manifestou a Consellería do Mar o pasado 16 de maio, data na que tivo lugar a reunión de coordinación do Ministerio con todas as comunidades autónomas do Cantábrico. A pesar disto aínda espera á resposta doutros gobernos autonómicos que non se teñan pronunciado ante o ofrecemento de compartir gastos.

“Para o resto das comunidades é moi sinxelo que Galicia poña os medios e que os galegos paguen a factura en solitario”- dixo Balseiro- pero o lóxico é que en tempos de dificultades e restriccións orzamentarias habilitemos medidas de cooperación e colaboración entre todas as administracións para garantir unha maior eficiencia no emprego destes recursos e un reparto máis xusto e equitativo dos gastos”.

A proposta popular, que non foi aceptada polas forzas da oposición, ofrecía dúas opcións: Ou que Galicia destinara medios propios en apoio desta flota, compartindo gastos co resto das comunidades do Cantábrico ou que fora o Estado quen o fixera, asumindo Galicia a parte proporcional que lle correspondera no reparto deste gasto.

PERMEX TEMPORAL

Por outra banda PPdeG, PSOE e BNG acadaron por unanimidade pedir á Xunta que promova ás modificacións normativas precisas para a autorización de Permex temporais co fin de cubrir as vacantes producidas nas autorizacións marisqueiras, en caso de inactividade prolongada dos seus titulares.

O acordo final inclúe na súa integridade a emenda do PP á iniciativa socialista, na que se pide que este asunto se “presente, estude e avalíe” en conxunto coa representación do colectivo de marsiqueo a pé. Os populares lembraron que logo da recuperación polo actual goberno do PP dos encontros con mariscadoras como órgano de consulta directa ao sector, todas as innovacións normativas neste ámbito, son consultadas directamente coas profesionais do sector e este caso non sería unha excepción.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2012
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: