Polo futuro de Alcoa

Jose Manuel Balseiro lembra que ambos executivos realizan xestións para abaratar a tarifa eléctrica -que supón o principal custe de produción desta compañía- e impulsan os proxectos gasistas que beneficiarán aos centros de traballo de San Ciprián e da Coruña

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE XUNTA E GOBERNO CENTRAL TRABALLAN PARA MANTER A ACTIVIDADE E OS POSTOS DE TRABALLO DE ALCOA EN GALICIA

  • Xa existe un acordo parlamentario unánime consensuado polas tres forzas políticas no mes de abril e polo tanto non procede apoiar a petición do BNG “que non achega nada novo” indicou Balseiro
  • Os nacionalistas chegan tarde coa súa proposta e só buscan un pouco de protagonismo e limpar a mala conciencia do nacionalismo despois de converterse en socio preferente do Goberno do PSOE no Estado e deixar 24 mil millóns de déficit tarifario, o motivo polo que agora se encarece o prezo da electricidade

 

Audio 1 (A responsabilidade do BNG na suba da tarifa eléctrica)

Audio 2 (As xestións da Xunta en apoio dos traballadores de Alcoa)

Santiago, 27 de xuño de 2012.- O Grupo Parlamentario Popular salienta que a Xunta e o Goberno central traballan para manter a actividade e os máis de 2.000 postos de traballo que a multinacional Alcoa ten en Galicia. O deputado popular Jose Manuel Balseiro defendeu no Pleno do Parlamento que o Goberno galego ten intensificado as súas relacións coa propia factoría e co Ministerio de Industria para impulsar dous dos proxectos máis importantes de cara a acadar este obxectivo: unha tarifa eléctrica máis barata e a posta en marcha do gasoduto da Mariña.

 Os populares consideran que os nacionalistas “chegaban moi tarde coa súa proposta, como mínimo dous meses tarde” posto que como lembraron xa existe un acordo parlamentario unánime consensuado polas tres forzas políticas que data do mes de abril e no que xa se incluían medidas a favor da continuidade de Alcoa e, nomeadamente a redución da tarifa eléctrica para garantir a súa viabilidade e competitividade futura. Desde o PP propoñían na súa emenda ratificarse no contido deste acordo acadado no mes de abril feito que o BNG non aceptou, rexeitando calquera posibilidade de consenso ou transacción e obrigando ao voto en contra dos populares ante unha iniciativa “que non achegaba nada novo”. O acordo parlamentario do mes de abril foi tamén aprobado en concellos da Mariña e na Deputación de Lugo, en ambos casos por unanimidade e a proposta do PP.

 Segundo Balseiro no BNG só buscan “un pouco de protagonismo e limpar a súa mala conciencia” despois de converterse en socio preferente do Goberno do PSOE que, tras dúas lexislaturas no Estado  deixou 24 mil millóns de déficit tarifario, motivo polo que agora se encarece o prezo da electricidade.

 PREZO DA ELECTRICIDADE

Os populares consideran necesario establecer un mecanismo de estabilidade nos prezos da enerxía eléctrica para manter garantidos os custes moderados de produción e así manter os postos de traballo desta compañía nos dous centros de traballo que ten Alcoa en Galicia.

Neste senso os populares lembraron que a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, xa comunicou á dirección e ao comité de empresa de Alcoa que o Goberno central comprometeuse co Executivo galego para desenvolver un tratamiento específico para a tarifa eléctrica de grandes factorías, algo que beneficiará á fábrica aos intereses desta compañía.

GASODUTO DA MARIÑA

Por outra banda Jose Manuel Balseiro significou que tras anos de parálise a chegada ao Goberno do Partido Popular na Xunta e no Executivo central permitiu desbloquear o despregametno dos proxectos gasistas na Mariña lucense e na Coruña.

De feito, outro dos principais obxectivos desta compañía é lograr substituír a dependencia de fuel polo gas e chegar a crear unha canalización directa que inxecte gas nas caldeiras da factoría. Neste senso foi o Goberno do Partido Popular na Xunta –e non o bipartito- quen asinou os convenios con Alcoa Coruña e San Ciprián, proxectos para os que a actual administración autonómica mobilizou preto de 5 millóns de euros. E se prevé que para outono poderá iniciarse a construción da canalización do gasoduto mariñán para inxentar así o gas que precisa a factoría lucense.