Salvamento marítimo

Jose Manuel Balseiro di que Bieito Lobeira converteu a súa tarefa de oposición nunha “retaila de exabruptos” contra a Consellería do Medio Rural e do Mar e que o deputado nacionalista “demostra en cada unha das súas afirmacións está tirado ao monte e alleo á realidade do sector”

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE O COBRO POLOS RESCATES DE SALVAMENTO NON REPERCUTIRÁ NOS PROFESIONAIS DO MAR AO ESTÁR CUBERTOS POLO SEGURO OBRIGATORIO

  • O deputado popular lamentou que nacionalistas e socialistas coa súa oposición ao decreto pretendan aforrar cartos ás aseguradoras privadas e grandes navieras de luxo
  • Defende o aforro de arredor de 13,5 millóns de euros grazas ao novo sistema de contratación dos helicópteros do servizo de gardacostas que seguirá a ser un servizo público

Audio 1 (BNG e PSOE queren aforrar cartos a costa dos galegos ás aseguradoras e grandes navieras privadas)

Audio 2 (exemplo de cobros)

Santiago, 27 de xuño de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia o novo decreto que establece as taxas polos servizos de salvamento prestados polos Gardacostas autonómicos. O deputado popular lamentou que nacionalistas e socialistas coa súa oposición ao decreto pretendan aforrar cartos ás aseguradoras privadas e grandes navieras de luxo. “Evacuamos á xente de buques mercantes das navieras estranxeiras e non temos modo de repercutir este custe a súa aseguradora… pagan os galegos. Traemos a remolque un barco en apuros por unha actitude imprudente de quen o mandaba e paga Galicia, aforrándolle cartos á aseguradora. Asistimos a un cruceiro de luxo e pagan os galegos. Sasemar e Pais Vasco repercuten o custe das súas asistencias marítimas cando se demostra que se mobilizaron medios por imprudencia, pero en Galicia como sobran cartos, pagan os galego, esto debería cambiar”indicou José Manuel Balseiro.

En todo caso o deputado do PPdeG quixo deixar moi claro que estes cobros non se repercutirán aos profesionais do mar que están cubertos nestas continxencias polo seguro obrigatorio que todos eles teñen subscrito –desde a aprobación da Lei de Pesca- pero si, a outras persoas como por exemplo os responsables de incidentes marítimos por prácticas náutico deportivas de risco “naqueles casos nos que se demostre que actuaron con imprudencia e irresponsabilidade”.

Desde o Grupo Parlamentario Popular cualificaron como gravísimas e moi desafortunadas as palabras dos deputado do BNG Bieito Lobeira que chegou incluso a asegurar que o PP buscaba “facer negocio coas vidas humanas”. O voceiro do Mar popular acusou ao seu homólogo nacioanlista de converter a súa tarefa de oposición nunha “retaila de exabruptos” contra a Consellería do Medio Rural e do Mar, e de realizar ademais afirmacións “irresponsables, incertas e fóra de todo contexto”. Balseiro considera que Lobeira está cada vez “máis tirado ao monte” e que as súas propostas teñen nula credibilidade ante o sector pesqueiro “que elección tras elección demostra que da á espalda a este xeito de actuar dos nacionalistas galegos”.

COMO XA FAI SASEMAR OU CCAA COMO O PAÍS VASCO

Balseiro tamén explicou que a Xunta o único que está a facer é o mesmo que fan outras Comunidades Autónomas e Salvamento Marítimo, e que incluso cobrará aos responsables dos incidentes marítimos menos da metade do custe real do servizo de rescate de Gardacostas evitando que en casos de imprudencia este custe repercuta en todos os galegos. O voceiro popular lembra que só a mobilización dos medios de salvamento supoñen uns 11 millóns de euros anuais para a Administración e polo tanto, para todos os galegos

“A maior parte das actuacións do Servizo de Gardacostas corresponden a evacuacións e asistencia a buques estranxeiros ou doutras comunidades autónomas” –explicou Balseiro- “Agora por fin dispoñemos dunha ferramenta normativa a través da cal se puidese repercutir os custes dos operativos nas aseguradoras ou armadoras destes buques auxiliados e non que este custe teñan que soportalo os petos das galegas e dos galegos”

HELICÓPTEROS

O voceiro do Mar dos populares galegos tamén defendeu o novo sistema de contratación dos helicópteros do servizo de Gardacostas que en conxunto suporá un aforro para Galicia de arredor de 13,5 millóns de euros “sen mermar para nada a operatividade do servizo e garantindo en todo momento que os medios de salvamento non se quedan obsoletos”.

Balseiro lembrou que foi o Partido Popular quen, para compensar as deficiencias detectadas durante a lexislatura do anterior Goberno bipartito, fixo posible que estes helicópteros estean en servizo “as 24 horas do día e os 365 días do ano e cun tempo de resposta mínimo”

Finalmente Balseiro dixo a Lobeira que o único problema que tiñan os Gardacostas era “que gobernase o bipartito ou non gobernase, e ese problema xa está resolto afortudamente, por decisión de todos os galegos”. Porque co bipartito os medios aéreos e marítimos estaban inoperativos e agora hai un compromiso claro e un funcionamento óptimo e totalmente satisfactorio.