• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Salvamento marítimo
Derroche »

Campaña de afiliación

28, Xuño 2012 por Admin B

Xose Manuel Barreiro presentou en rolda de prensa esta iniciativa co obxecto de sumar novos afiliados “ao proxecto político máis ilusiónante e comprometido con esta terra”

 “Contigo Lugo será + popular” nova campaña de afiliación do PP provincial

  • Desenvolverase en todos os concellos lucenses a través dunha campaña de proximidade e contará con 14 actos públicos nas principais vilas da provincia

Xose Manuel Barreiro explica a campaña:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/06/barreiro-corte-1.mp3

Lugo, 28 de xuño de 2012.- O Presidente provincial do Partido Popular e portavoz do PP no Senado, Xose Manuel Barreiro, acompañado do secretario provincial, Jose Manuel Balseiro presentaron hoxe en rolda de prensa a campaña de afiliación que baixo o lema “Contigo Lugo será + popular” nace co obxectivo de sumar novos afiliados ao proxecto político “máis ilusionante e comprometido con esta terra: o que representa as siglas do PP de Lugo”

O dirixente popular explicou que a campaña se desenvolverá en todos os concellos da provincia e contará con 14 actos públicos nos que os cargos representativos de cada unha das comarcas e membros de Novas Xeracións convidarán á cidadanía a sumarse ao proxecto popular.

CAMPAÑA DE PROXIMIDADE

A estratexia de comunicación farase fundamentalmente a través dunha campaña de proximidade, moi persoal, dende cada xunta local, achegándose directamente aos veciños dos pobos e vilas da nosa provincia. “Quixemos dar a cara explicando a verdade das reformas e agora queremos facelo animando á xente a sumarse o reto de ofrecer solucións fronte á crise”. Por todo iso, tamén incluirá encontros na rúa nas principais vilas como son Lugo, Burela, Castro de Rei, Chantada, Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Mondoñedo, Monforte, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro e Palas de Rei.

“Lugo merece que entre todo poidamos crer nel, e crecer nun futuro en positivo” –dixo Barreiro- “Para iso queremos ser máis que nunca o partido dos lucenses. O que devolva a confianza recibida elección tras elección por unha maioría de veciños desta provincia en forma de propostas, iniciativas e solucións que contribúan a mellorar a calidade de vida de todos”.

FRONTE A RESIGNACIÓN: PARTICIPA!

Xose Manuel Barreiro explicou que, fronte ao que moitos pensan “máis que nunca” en tempos como o actual cheos de retos e dificultades “non cabe resignarse, senón implicarse e participar na procura de solucións para o teu pobo, para o teu concello, para a túa provincia, para o coxunto do país”.

 “É o momento de participar activamente en política. Non ser un mero espectador. E facelo da man do partido que máis se parece a Lugo, un PP coa forza e respaldo máis potente que precisa do concurso de novos afiliados dispostos e facer un equipo máis grande e máis forte”-dixo Barreiro.

O presidente dos populares lucenses e portavoz do PP no  Senado concluíu facendo un chamamento a todo aquel que entenda que as propostas e a forma de facer política do Partido Popular é a mellor garantía para dar solución aos actuais problemas e dificultades. Dixo que cada un deles “non só terá as portas abertas do Partido Popular na provincia, senón que lles queremos invitar a que participen da política connosco, que se afilien, que nos transmitan as súas inquietudes, e que nos axuden nesa tarefa que é de todos”

UN SAÚDO.- PARTIDO POPULAR

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2012
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: