Derroche

Lembra que os actuais gobernos autonómico e central están a intentar atallar unha situación económica herdada tras anos de mala xestión por parte dos socialistas e os seus socios preferentes en todos os gobernos: os nacionalistas galegos

O PP cualifica de atrocidade que o BNG comarcal “celebre” a crise “cunha festa”

  •  O BNG derrocha os moitos cartos dos que dispón para dar gratis comilonas, espectáculos musicais e xogos en vez de deixarse de saraos e poñerse a traballar como o está a facer o PP no combate ao desemprego.

Información de ABC Galicia:

EL BNG DE LA MARIÑA, DE FIESTAS Y SARAOS

Mariña lucense, 4 de xullo de 2012.- O secretario xeral provincial do PP, Jose Manuel Balseiro cualificou de “atrocidade” que o BNG comarcal pretenda “celebrar a crise e o desemprego cunha festa” tal e como deu a coñecer no día de onte o vicepresidente primeiro da Deputación e coordinador comarcal dos nacionalistas, Antón Veiga, cando fixo público o programa de actividades dunha xornada festiva que o BNG organizou para mañá mércores en Viveiro.

Desde o Partido Popular cualifican a actitude do BNG de “bochornosa” e de constituír “todo un insulto para as moitas persoas que se atopan en situación de desemprego” e que observan como a alternativa dos nacionalistas é “derrochar diñeiro, organizando comilonas, actividades de lecer e música para celebrar a crise e o desemprego”.

“Parece ser que o BNG na comarca atópase nunha situación económica espectacular e non teñen problema en derrochar cartos” –explicou Balseiro- “Nas pasadas semanas víamos como o BNG de Foz asumía os custosos anuncios publicados nos xornais que empregaban indebidamente o nome e logos da Vicepresidencia da Deputación para criticar a axuda aos bancos e agora o BNG da Mariña sigue derrochando cartos para pagar esta festa gratis. Xa nos explicarán de onde os sacan”.

DERROCHE E GRATIS TOTAL

 “Falan de crise e desemprego pero eles aplican o gratis total”, segundo calquera pode corroborar cunha simple chamada telefónica á sede do BNG de Foz. “A festa da crise inclúe comida gratis, xogos, atraccións, contacontos, espectáculos musicais gratis… este último xa de por si ten un elevado custe… todo para celebrar a crise e o desemprego”.

DEBE RECTIFICAR

Jose Manuel Baleiro pide ao BNG que rectifique e desconvoque esta actividade, “que os nacionalistas se deixen de saraos e se poñan a traballar e a colaborar”, como xa está facendo o PP alí onde ten responsabilidade de Goberno.

Os populares lembran ao BNG que os actuais gobernos autonómico e central están a traballar intensamente para atallar a situación económica herdada tras anos de mala xestión por parte dos socialistas e dos seus socios preferentes no goberno galego e central: os nacionalistas.

 De feito foi o PSOE co apoio reiterado do BNG aos seus orzamentos o que fixo de España o pais europeo con máis paro, unha situación e un contexto do que non pode illarse nin Galicia nin A Mariña.