Lugo será + popular

Na segunda xornada da campaña de afiliación, que tivo lugar en Foz

O PP de Lugo animou, esta mañá, aos cidadáns da Mariña a participar no seu proxecto político

  • Balseiro lembrou que os mariñáns puxeron de manifesto nas pasadas eleccións municipais e xerais que partido querían que os representase
  • O PP continuará traballando e sae agora a rúa para animar á xente a sumarse o reto de ofrecer solucións fronte á crise

 

Declaracións de Balseiro:

FOZ, 10 de xullo de 2012.- O Secretario Xeral do PP de Lugo e Secretario da Mesa do Parlamento, José Manuel Balseiro, acompañado de voceiros, alcaldes, Deputados provinciais, Autonómicos e Nacionais da comarca da Mariña, saíron a rúa para dar conta da campaña de afiliación.

 Na praza Conde de Fontao de Foz e baixo o lema “Contigo Lugo será + popular”, os populares deron a coñecer a campaña que trata de sumar novos afiliados ao proxecto político “máis ilusionante e comprometido con esta terra: o que representa as siglas do PP de Lugo”-afirmou Balseiro.

 Lembrou o Secretario Xeral do PP de Lugo que o seu partido finalizou, fai xustamente hoxe, oito días, neste mesmo Concello mariñán, a campaña informartiva “a verdade das reformas” pero que continuará traballando e volve agora saír a rúa para animar á xente a sumarse o reto de ofrecer solucións fronte á crise.

José Manuel Balseiro lembrou que os cidadáns da zona da Mariña, ao igual que os das outras zonas da provincia de Lugo puxeron de manifesto nas urnas, en maio e novembro de 2011, o partido que querían que os representase. Hoxe, Balseiro, continúou animando aos mariñáns a participar no proxecto popular xa que ofrece un canle de participación, de coñecemento dos problemas que ten a sociedade e de darlle solución.

Concluíu o Secretario Xeral do PP de Lugo e Secretario da Mesa do Parlamento que nos momentos de difícil situación económica os políticos teñen como obrigación dar resposta, polo que os populares continúan abertos a todo o mundo e da forma que implica un maior compromiso: a través da participación activa na vida do partido