Igualdade

Seis concellos da Mariña lucense (Burela, Viveiro, Ribadeo, Cervo, Mondoñedo e Xove) reciben axudas ao abeiro dos plans de apoio da Secretaría Xeral de Igualdade

BALSEIRO SALIENTA QUE A XUNTA DE GALICIA MOBILIZA 150.000 EUROS EN APOIO DE POLÍTICAS DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  • A achega máis numerosa do Goberno galego vai destinada ao mantemento dos CIM, centros de información á muller, que teñen un ámbito de actuación comarcal.

Declaracións de Jose Manuel Balseiro:

Mariña lucense, 19 de xullo de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro salientou hoxe que a Xunta de Galicia vén de mobilizar máis de 150.000 euros en apoio ás políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero promovidas desde diversos concellos da Mariña lucense.

 APOIO AOS CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER

A achega de maior contía do Goberno galego vén destinada ao mantemento dos CIM´s -centros de información á muller- que aínda que radicados nos concellos de Ribadeo, Burela, Viveiro e Mondoñedo teñen un ámbito de actuación comarcal. O CIM de Burela recibirá 44.100 euros, o de Mondoñedo 21.338 euros, o de Ribadeo 41.800 euros e o de Viveiro 32.900 euros en axudas da Xunta.

Os CIM´s son uns servizos de atención ás mulleres que proporcionan asesoramento xurídico e psicolóxico, información sobre recursos específicos existentes na zona, desenvolvemento de cursos formativos e calquera outra iniciativa que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Ademais, contan cun programa específico de asesoramento e apoio social a vítimas de violencia de xénero prestado por profesionais especializados para a atención xurídica, psicolóxica e social, dun xeito gratuíto, anónimo e respectando á vontade das usuarias.

PROMICIÓN DA IGUALDADE

Por outra banda, dentro da línea de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, a Secretaría Xeral de Igualdade financiará con 5.404 euros a avaliación do plan de igualdade do Concello de Cervo, 813 euros máis destinados aos obradoiros de coeducación Camiño á Igualdade do Concello de Mondoñedo, 1.515 euros para o proxecto Contos e Monicreques da administración local de Viveiro e 2.241 máis para o proxecto de co-responsables impulsado polo Concello de Xove.

SERVIZOS DE PROXIMIDADE

Balseiro Orol salientou a importancia de contar cuns servizos de proximidade chamados a dar unha asistencia inmediata e urxente a todas aquelas mulleres que o precisen, de xeito especial en casos de violencia de xénero, así como para avanzar na implantación de programas de conciliación da vida laboral e familiar e de igualdade. Lembrou tamén que a Xunta deu resposta ao 100% das solicitudades prensentadas –que cumprían os requisitos da convocatoria- e que nesta ocasión o Goberno galego adiantará o 80% do importe das axudas concedidas, como anticipo e apoio aos concellos, nunha coxuntura que fai necesario a disposición inmediata dos recursos para garantir unha mellor prestación dos servizos.