Xunta Directiva do PPdeLugo

A Xunta directiva do PP lucense celebrou hoxe a súa reunión ordinaria

O PP DE LUGO CONSTITÚE DOUS NOVOS COMITÉS DE PORTAVOCES E DE ALCALDES QUE RENDIBILIZARÁN O TRABALLO ENTRE AS XUNTAS LOCAIS E PROVINCIAL

 

  • Durante a xuntanza aprobouse a constitución da nova xunta xestora do Partido Popular no concello de Navia de Suarna, que estará liderada por Antonio Fernández Fernández
  • O presidente provincial do PP de Lugo tamén explicou hoxe na reunión as últimas reformas aprobadas polo Executivo central, cualificadas por Xosé Manuel Barreiro de “difíciles, pero necesarias, co fin de garantir un futuro”

-Declaracións de Balseiro sobre a campaña explicativa das reformas:

-Declaracións de Balseiro sobre a campaña de afiliación:

Lugo, 19 de xullo de 2012.- O Partido Popular de Lugo constitúe dous novos comités, o de portavoces e o de alcaldes da provincia, co obxecto de optimizar, rendibilizar e coordinar o traballo conxunto entre as xuntas locais do Partido Popular e a dirección provincial.  A creación destas novas agrupacións foi acordada esta tarde durante a celebración da Xunta directiva do Partido Popular de Lugo. No contexto desta reunión ordinaria tamén se acordou a nova xunta xestora de Navia, e explicóuselles aos membros asistentes as últimas reformas emprendidas polo Goberno central, ademais de facer balance da campaña de afiliación que o Partido Popular está a levar polos concellos da provincia.

O presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, explicou durante a xuntanza que a intencionalidade de crear dous comités por separado, un de portavoces e outro de rexedores locais, corresponde a que as características de función de goberno ou de oposición están marcadas por importantes diferencias. Dado isto, a coordinación optimizarana a través da constitución por diferenciado de dous comités integrados un deles por rexedores locais e outro por portavoces.

Esta constitución de ambos comités de alcaldes e portavoces foi un dos puntos acordados por consenso na Xunta directiva, durante a que tamén se aprobou a constitución dunha xunta xestora no concello de Navia de Suarna, na Montaña lucense. A nova organización local do Partido Popular na localidade estará liderada por Antonio Fernández Fernández, un representante que aporta xuventude e novas ideas ao partido e que leva tempo vinculado coas siglas do Partido Popular.

De igual maneira, durante a reunión mantida hoxe, o portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente provincial do Partido Popular de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, explicou aos asistentes as novas medidas emprendidas polo Executivo central liderado por Mariano Rajoy. O portavoz popular no Senado cualificou estas novas reformas de difíciles, pero necesarias para garantir un futuro”.

Trala reunión mantida hoxe, os populares explicarán ao pé da rúa a verdade e a necesidade destas últimas reformas, que segundo Xosé Manuel Barreiro, son imprescindibles para adaptarse ás circunstancias e paliar a actual crise económica. Os populares aseguran que ante a reforma dirán sempre a verdade aos cidadáns, informándoos dunha crítica situación herdada do goberno socialista. Tras esta primeira explicación na Xunta directiva, os populares comezarán unha campaña informativa polos concellos da provincia sobre esta cuestión.

O presidente provincial do PP lucense xunto co secretario xeral do José Manuel Balseiro tamén fixeron balance da campaña de afiliación, que baixo o lema “Contigo Lugo será + Popular”, promove o PP por toda a provincia.  O secretario xeral do Partido Popular na provincia explica que as agrupacións locais recibiron con ilusión os actos enmarcados dentro desta campaña, que están a acadar un importante éxito nos distintos municipios lucenses. O Partido Popular busca convidar aos veciños a que en época de crise se impliquen na procura de solucións para a localidade. José Manuel Balseiro asegura que o PP pretende que os novos afiliados transmitan as súas inquietudes e axuden a materializar iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños. A campaña continúa a recorrer os municipios lucenses e incluirá novos encontros en Sarria, Chantada, Monforte, Viveiro, Vilalba e a Fonsagrada.