Vivenda

O Goberno galego actúa con “realismo, inmediatez e equidade” e rebaixa a estimación de mercado do prezo da vivenda para adaptala á realidade do sector e deste xeito reduce o imposto autonómico que deben pagar os contribuíntes

BALSEIRO SINALA QUE OITO CONCELLOS DA MARIÑA BENEFICIARANSE CUNHA REBAIXA DUN 7% NO PAGO DO IMPOSTO AUTONÓMICO POLA ADQUISICIÓN OU TRANSMISIÓN DE VIVENDAS

  • Agora as vivendas valen menos e, en consecuencia,  agora se pagará menos pola súa adquisición ou transmisión.
  • O novo sistema obxectivo do pago do imposto de transmisións e actos xurídicos documentados evita sancións posteriores ou      revisións á alza do imposto pagado

Declaracións:

Santiago 31 de xullo de 2012.- Segundo explicou hoxe o deptuado popular, Jose Manuel Balseiro a Xunta de Galicia acordou revisar á baixa, para o segundo semestre do ano, a orde anual que regula o sistema de prezos medios de mercado dos inmobles para todos aqueles cidadáns que residen nun total 119 municipios galegos, entre eles oito da Mariña lucense: Barreiros, Ribadeo, Burela, Cervo, O Valadouro, Foz, Viveiro e Xove

A decisión adoptada polo Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo actualiza á baixa “con realismo e inmediatez” a caída nos prezos estimados de venda das vivendas o que como consecuencia inmediata implica a reducción nun 7% do imposto autonómico que os veciños destes concellos pagan no momento da adquirir ou transmitir (vender, herdar, donar) destes inmobles.

“Quen queira comprar ou transmitir vivendas nos concellos da Mariña lucense sabe que o imposto autonómico que pagará a partir de agora será un 7 por cento inferior ao que viña facendo anteriormente” –explicou Balseiro- que tamén lembrou que “o obxectivo é que ninguén pague máis do que lle corresponde, é dicir, que si agora as vivendas valen menos, en consecuencia, agora tamén se pagará menos polo imposto que grava a súa adquisición ou transmisión”

NOVO SISTEMA OBXECTIVO

A Xunta de Galicia estableceu en 2010 un novo sistema obxectivo que valora o prezo da vivenda e, en función diso, permite calcular con detalle o valor dos inmobles, segundo o concello do que se trate e o imposto correspondente que ten que pagarse de querer adquirilos ou vendelos. Deste xeito os galegos teñen moito máis sinxelo cumprir as súas obrigacións fiscais con Fancenda, evitando que poida haber algún tipo de sanción posterior ou revisión á alza do imposto pagado.

O novo sistema obxectivo para o pagamento do imposto de transmisións e actos xurídicos documentados  logra, polo tanto, unha maior transparencia e obxectividade nos criterios empregados na valoracións das vivendas, e garante un tratamento administrativo homoxéneo en todo o territorio, asegurando a equidade. O modelo achega igualmente seguridade xurídica ao cidadán, xa que a Administración se compromete cos valores publicados, e reduce a litixiosidade.

Como é lóxico para acadar todos estes obxectivos o prezo estimado da vivenda debe ser o máis realista posible e axeitado ao valor do mercado de cada zoma. Coa rebaixa dun 7% nestas valoracións, a  Xunta estaría a actualizar e adaptar a normativa á realidade que hoxe presenta o mercado inmobiliario, caracterizado por prezos máis baixos e, polo tanto, respecto do que cómpre pagar menos impostos.