Acordo pesqueiro con Mauritania

Logo de moito tempo de pasividade e falta de interese os populares se felicitan porque o PSOE se sume á petición da Xunta que reclama unha renogociación deste acordo pesqueiro

O GRUPO POPULAR DÁ A BENVIDA A MANUEL VÁZQUEZ Á PREOCUPACIÓN POLO ACORDO CON MAURITANIA E RECLAMA A IMPLICACIÓN DOS GOBERNOS “AMIGOS DO PSOE” DE ANDALUCÍA E CANARIAS

  • Gran parte das cuestións fundamentais do pre-acordo      pesqueiro con Mauritania foron negociadas baixo mandato do anterior Goberno socialista no Estado e pese a iso, Manuel Vázquez permaneceu mudo.

Declaracións de Balseiro sobre este asunto:

 Santiago 2 de agosto de 2012.- O portavoz do Mar do Grupo Parlametnario Popular, Jose Manuel Balseiro, deu á benvida ao secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, unha vez que este dirixente amosou “ao fin” a súa preocupación polo futuro da frota cefalopodeira que traballaba ao amparo do acordo entre a Unión Europea e Mauritania.

Desde o PP felicítanse porque o PSOE, despois de anos de pasividade e falta de interese, veña a sumarse á petición da Xunta que reclama unha renogación deste pre-acoro pesqueiro, ao entender que os termos establecidos na negociación entre a Unión Europea e Mauritania son contrarios aos intereses do sector pesqueiro galego e español.

Balseiro lembra que “fronte á tardía reaccion dos socialistas” o Goberno galego, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, vén traballando a favor dos buques galegos desde o primeiro momento: Tanto cando se produciron os primeiros problemas cos buques galegos, ao amparo do anterior arcordo pesqueiro, como durante a negociación do novo protocolo.

NEGOCIADO POLO PSOE

O voceiro do Mar dos populares galegos tamén quixo deixar claro que as cuestións fundamentais contidas no preacordo pesqueiro que se pretende aprobar foron negociadas durante o mandato do anterior Goberno do Estado e lamenta que, pese ao negativo do seu contido, o propio Manuel Vázquez, e ningúen do PSdeG dixera nada na súa contra, “de feito permaneceron mudos”.

Balseiro revela que das sete rondas de negociación que se mantiveron con Mauritania, cinco delas leváronse a cabo co Goberno socialista de Zapatero e Rubalcaba, “dándolle o visto e bo ás cláusulas tan permiciosas para a flota española”.

IMPLICACIÓN DE ANDALUCÍA E CANARIAS

Os populares sosteñen que si de verdade o PSOE quere ser útil na posibilidade de acadar un novo acordo pesqueiro máis favorable aos intereses da nosa flota, debería deixarse de declaracións e poñerse a traballar para convencer aos seus Gobernos amigos de Andalucía e Canarias para que se impliquen na procura dunha solución. De feito Balseiro explicou que, 22 dos 24 buques cefalopodeiros acollidos ao acordo pesqueiro con Mauritania teñen porto base nesas comunidades.

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular de Galicia defendeu que a Xunta está a facer un esforzo importante na defensa dos intereses dos nosos mariñeiros, pero tamén sería bo involucrar a Goebernos doutras comunidades nos que o PSOE ten moita responsabilidade.