• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Resposta ao PSOE
O bipartito sae caro »

Bipartito sinónimo de malgasto

3, Setembro 2012 por Admin B

O PP segue a denunciar o modelo do bipartito como opción de goberno porque implica un malgasto evidente: O reparto de poder entre socialistas e nacionalista detrae recursos públicos que poderían destinarse a outras necesidades máis prioritarias en tempos de dificultade económica

O custe en salarios do Goberno bipartito da Deputación de Lugo similar ao da Xunta pese a xestionar un orzamento case cen veces inferior

  • Os soldos do equipo de goberno de Besteiro na Deputación de Lugo ascenden a 557.135 euros, unha cifra moi próxima á que se destinan aos soldos de todos os conselleiros da Xunta e o seu presidente.
  •  Mentres que a Xunta conta cun presuposto de gasto para 2012 de 9.135 millóns de euros, a Deputación de Lugo tan só dispoñía de 93 millóns de euros, 98 veces menos.

Lugo, 3 de setembro de 2012.- Comparando as remuneracións que perciben os membros do Equipo de goberno da Deputación de Lugo e ás que reciben os oito conselleiros da Xunta e o seu presidente atopámonos cun dato moi significativo: o gasto en salarios do goberno bipartito de Jose Ramón Gómez Besteiro custa case tanto como todo o da Xunta pese a que a entidade provincial xestiona un orzamento case cen veces inferior ao da administración autonómica.

Os soldos do equipo de goberno de Besteiro na Deputación de Lugo ascenden a 557.135 euros anuais, unha cifra moi próxima á de os oito conselleiros da Xunta e o seu presidente, cuxo custe ascende a 614.612 euros, tan só 57 mil euros máis. Mentres que o gasto en salarios ofrece cifras moi aproximadas, non son comparables outros datos como os relativos á capacidade orzamentaria. Mentres que a Xunta conta cun presuposto de gasto para 2012 de 9.135 millóns de euros, a Deputación de Lugo tan só dispoñía de 93 millóns de euros, 98 veces menos.

A DEPUTACIÓN CUSTA CASE OITO VECES MÁIS

En resume, cada un dos 2,7 millóns de galegos teñen que achegar 0,22 euros para sufragar os soldos do seu goberno autonómico. Pola contra esta cifra se dispara no caso da Deputación de Lugo, pois cada lucense (esta provincia ten unha poboación de 337.000 persoas) ten que destinar 1,65 euros para soster os salarios dos privilexiados membros do goberno bipartito provincial, case oito veces máis caros que a Xunta.

BIPARTITO= DOBRE GASTO

Os populares lucenses ofrecen este novo dato que corrobora a denuncia na que veñen insistindo nos últimos días: o modelo do bipartito implica un dobre gasto para os cidadáns. A necesidade de repartir o poder entre socialistas e nacionalistas leva a multiplicar o custe que para os cidadáns teñen os gobernos bipartitos, malgastando recursos en salarios dos seus dirixentes e detraendo cartos públicos que poderían ser destinados a outras necesidades moito máis prioritarias en tempos de dificultade económica.

AMPLO EQUIPO DE GOBERNO PROVINCIAL

Afondando nas cifras, o PPdeLugo explicou que do equipo de goberno da Deputación está composto por un presidente, Jose Ramón Gómez Besteiro e dous vicepresidentes (un nacionalista e outra socialista) ademais de cinco deputados delegados das distintas áreas. No Goberno da Deputación tamén participan tres persoas máis, dous deputados socialistas con dedicación exclusiva e un máis do BNG, con dedicacións tan diversas nas áreas de medio ambiente, enerxías renovables e cultura, turismo, normalización lingüística e patrimonio histórico. O custe total que para os lucenses ten este equipo bipartito  supera o medio millón de euros. Pero a cifra é moito maior se temos en conta que hai varios deputados do bipartito que sen dedicación exclusiva, si participan nas reunións do goberno provincial, e cobran por asistencia a plenos, comisións informativas, … etc.

 

Custe do equipo de goberno da Deputación de Lugo:

 

PRESIDENTE

63.502,46

VICEPRESIDENTA

57.518,30

VICEPRESIDENTE

57.518,30

D. COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS

50.391,04

D. ECONOMIA, RECADACIÓN E FACENDA

25.737,32

D. GOBERNO INTERIOR

50.391,04

D.XESTIÓN TERRITORIAL

50.391,04

D.ECONOMÍA DO COÑECEMENTO, EMPRENDEDORES E INNOVACIÓN

50.391,04

DÚAS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS DO PSOE

101.135

UNHA DEDICACIÓN PARCIAL DO BNG

50.391,04

 

Total Deputación de Lugo: 557.366,58

Total 8 conselleiros e presidente da Xunta: 614.612,52 €

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2012
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: