• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comité de Campaña
Impulso ao sector forestal »

Xuventude

7, Setembro 2012 por Admin B

ACTO DE PRECAMPAÑA:  O vindeiro domingo, ás 19.30 horas, na Casa da Xuventude

 Novas Xeracións organiza en Mondoñedo un encontro para que a mocidade achegue propostas ao programa electoral do PPdeG

  • Participará o presidente provincial do PP, Jose Manuel Barreiro, o director xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro, a portavoz na Deputación Elena Candia, o secretario xeral Jose Manuel Balseiro xunto ao presidente provincial de NNXX, Daniel Vega.

 

Lugo, 7 de setembro de 2012.- Segundo informa o coordinador provincial de campaña, Jose Manuel Balseio, a Casa da Xuventude de Mondoñedo acollerá o vindeiro domingo, 7 de setembro, a partir das 19.30 horas, un encontro organizado por Novas Xeracións e o Partido Popular na provincia de Lugo para que os mozos poidan achegar propostas susceptibles de ser incluídas no programa electoral co que os populares concorrerán ás eleccións autonómicas do 21 de outubro.

Os populares lucenses queren coñecer de primeira man a opinión da xuventude provincial e as súas suxestións de futuro e por iso animan a todos os mozos a participar nestes foros convencidos de que nestas eleccións “a xuventude xógase moito”, dado que non será o mesmo ter un goberno cunha posición “unida” como propón o PPdeG, que a súa alternativa de socialistas e nacionalistas “desordeada, dividida e con programas moitas veces antagónicos, por exemplo en materia de xuventude”

 A apertura do acto correrá a cargo do presidente provincial do PPdeLugo, Jose Manuel Barreiro, acompañado do representante provincial de Novas Xeracións, o mariñán Daniel Vega. Tamén está prevista a presenza do actual director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, da portavoz popular na Deputación e presidenta local de Mondoñedo, Elena Candia e do secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro.

Ademais de falar de futuro, os mozos de NNXX e os cargos do PP repasarán os principais logros acadados na presente lexislatura, por exemplo coa aprobación da primeira lei da historia da autonomía de Galicia para o colectivo da xente nova, ou o compromiso impulsado polo Goberno galego, de converter á xuventude en materia transversal en todas os departamentos.

Os populares centrarán o debate en nove eixos de actuación: educación, vivenda, mobilidade, participación, voluntariado, información e formación, saúde e deporte, espírito empresarial e emprego, aínda que entenden que os mozos teñen que ter voz en todos os ámbitos e polo tanto acollerán calquera tipo de suxestión que propoña medidas destinadas a mellorar a calidade de vida da xuventude.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2012
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: