Terá lugar o venres 14 de setembro, a partir das 21 horas dentro dos actos de precampaña organizados polos populares lucenses
A Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha charla sobre a nova Lei de Montes de Galicia
- Emma Álvarez Chao, quen foi voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular na lexislatura que remata, subliña que por primeira vez Galicia conta cun marco normativo propio e estable para desenvolver o sector forestal galego
Lugo, 13 de setembro de 2012.- O coordinador de campaña do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, deu a coñecer hoxe que a Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha charla sobre a nova Lei de Montes, á que están convidados veciños desta localidade e do contiguo concello do Valadouro.
A charla, que terá lugar o venres 14 de setembro, a partir das 21 horas forma parte dos actos de precampaña organizados polos populares lucenses. A relatora será Emma Álvarez Chao, voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular na lexislatura que remata e ponente na Comisión redactora desta nova Lei.
Emma Álvarez, dará conta das principais novidades incluídas nesta normativa que pretende frear o abandono do monte, xerar rendas e emprego, e fixar poboación no rural galego. No PPdeLugo subliñan que é a primeira vez que Galicia conta cun marco normativo propio e estable para desenvolver o sector forestal galego.
Os populares galegos queren efectuar deste xeito unha labor de pegagoxía e explicación das novidades normativas impulsadas polo actual goberno galego nun ámbito, o da xestión forestal dos montes galegos, de grande importancia en comarcas como a da Mariña lucense.
Jose Manuel Balseiro explicou que están previstas tamén novas charlas noutros concellos da provincia como é o caso de Viveiro (venres 21) e Guitiriz (venres 28).