Mellora na xestión das emerxencias

O firme compromiso do actual Goberno galego permitiu facer realidade a posta en marcha deste servizo público que o bipartito non foi quen de impulsar durante a lexislatura na que gobernaron en Xunta e Deputación

Balseiro asegura que o PP no goberno da Xunta permitiu desbloquear a posta en marcha dos parques de bombeiros e corrixir unha carencia histórica en materia de emerxencias na Mariña

 

  • O deputado popular valora o esforzo desenvolvido pola Xunta que achega 9,5 millóns de euros e involucra a máis de 120 traballadores que garanten o funcionamento dun servizo profesional e moderno dotado con infraestruturas e medios materiais axeitados para atender, con rapidez de resposta e eficiencia, continxencias de toda índole.

Mariña lucense, 26 de setembro de 2012.-  O deputado autonómico e número tres da candidatura do PP na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, dixo que o acceso do Partido Popular ao Goberno da Xunta foi decisivo á hora de desbloquear a posta en marcha dos parques de bombeiros na Mariña lucense.

 Foi o Executivo autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo quen deu un paso ao fronte na creación deste importante servizo que e corrixir unha carencia histórica en materia de emerxencias na Mariña”-dixo Balseiro Orol.

INACCIÓN DO BIPARTITO

 O candidato popular lembrou que a acción da Xunta permitiu acelerar a apertura dos parques de bombeiros, máis en concreto, os situados na localidade de Viveiro e Barreiros e facer realidade así un servizo público que o bipartito non foi quen de impulsar durante a lexislatura na que gobernaron  de xeito conxunto na Xunta e Deputación. Dáse a circunstancia polo tanto de que socialistas e nacionalistas, foron incapaces de levar adiante os parques de bombeiros, feito que si conseguiu o PP na Xunta promovendo os investimentos e obras necesarias a través do consorcio provincial que xestionan ao 50% coa Deputación de Lugo.

 MÁIS DE 9,5 MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS

 O deputado popular valora o esforzo desenvolvido pola Xunta no conxunto da provincia que achega 9,5 millóns de euros e involucra a máis de 120 traballadores que garanten o funcionamento dun servizo profesional e moderno dotado con infraestruturas e medios materiais axeitados para atender, con rapidez de resposta e eficiencia, continxencias de toda índole.

 Só a consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten achegado nos últimos catro anos 1,7M€ en Viveiro no parque comarcal de bombeiros e 1,3M€ máis no Barreiros no parque comarcal de bombeiros.