Presión ás eléctricas

Representantes do PP da Mariña lucense participarán na manifestación convocada polos traballadores de Alcoa en Santiago

Mariña lucense, 26 de setembro de 2012.-  Os populares galegos estamos á beira das reivindicacións da empresa Alcoa, que dá traballo a 2.000 familias na Mariña lucense e a 500 na Coruña, e cuxa continuidade debe ser asegurada.

Por iso representantes do PP da comarca da Mariña, vamos a estar presentes -cunha delegación encabezada por Jose Manuel Balseiro e alcaldes e portavoces locais- na manifestación prevista para este xoves en Santiago de Compostela.

Seguimos traballando desde as administracións nas que temos responsabilidade de Goberno na procura dunha solución, que pasa por forzar ás compañías eléctricas a negociar unha tarifa máis competitiva

O problema de Alcoa orixínase cando o Goberno de Zapatero elimina a tarifa eléctrica para grandes consumidores, coa que se abastecía a industria. Obrigada a irse ao mercado libre, Alcoa está a se ver afectada o déficit de tarifa que os socialistas acumularon e multiplicaron por dezasete. Neste senso lembramos que mentres no ano 2004 o déficit de tarifa era de 1.499 esta cifra chegou no ano 2011 -tras dúas lexislaturas socialistas- ata os 24 mil millóns de euros.

Confiamos en que o Ministerio de Industria atenderá á situación que se expón con Alcoa, que buscará a mellor solución posible para que esas familias sigan tendo un traballo. A Xunta defende os intereses de Alcoa e dos seus traballadores, e estamos seguros que haberá solución.