• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Presión ás eléctricas
A Deputación de Lugo financia unha fundación da UPG »

Novas infraestruturas de Benestar

27, Setembro 2012 por Admin B

A acción de goberno de Alberto Núñez Feijóo blinda os servizos públicos de atención a persoas con necesidades asistencias e garante a súa solvencia

Balseiro afirma que o Partido Popular na Xunta cuadruplicou o número de persoas con dependencia atendidas na Mariña lucense

  • O actual goberno autonómico ten feito un gran esforzo por mellorar os recursos e infraestruturas de benestar pese a que as circunstancias económicas e orzamentarias son especialmente difíciles.
  • Novas dotacións impulsadas polo goberno galego nesta coamarca son: a residencia para persoas maiores de Viveiro (150 prazas), a vivenda comunitaria de Alfoz (10 prazas) ou o centro de día de Lourenzá (30 prazas). En construción, en Cervo, unha residencia con centro de día (78 prazas), un centro para discapacitados intelectuais e os apoios ás iniciativas de ASPANANE e COGAMI

Mariña lucense, 26 de setembro de 2012.-  O deputado autonómico e número tres da candidatura do PP na provincia de Lugo, afirmou hoxe que a Xunta de Galicia desde o acceso ao goberno do Partido Popular cuadriplicou o número de persoas con dependencia atendidas na Mariña lucense.

 “A pesar de que socialistas e nacionalistas presumen do ámbito social, os datos demostran que nunca antes como agora foron atendidas tantas persoas maiores, ou con discapacidade, como consecuencia das políticas, fondos ou servizos promovidos pola Xunta. En consecuencia, o bipartito tivo unha xestión no ámbito de benestar decepcionante se a comparamos coa do actual goberno galego. Eles non foron quen de chegar a estes niveis de asistencia ainda a pesar de que gobernaron en tempos de bonanza e non de dificultade como os actuais”-dixo Balseiro.

 NOVAS DOTACIÓNS

 O deputado popular lembrou que tras tres anos e medio de xestión popular na Xunta, a nosa comarca dispón nunha nova residencia de atención a persoas maiores, a situada en Viveiro,con 150 prazas e 2,2 millóns de euros destinados ao seu mantemento anual -o das prazas concertadas- así como a creación dunha vivenda comunitaria de 10 prazas no concello de Alfoz ,ou o centro de día de Lourenzá (30 prazas)

En construción, co impulso da Xunta está tamén a residencia con centro de día para persoas maiores e dependentes de Cervo cun investimento global de 1,9 millóns de euros e 53 e 25 prazas respectivamente e os apoios á construción dun centro para enfermos mentais no que se teñen previsto investir 651.000 euros.

 A todas estas cifras sumaríamos os apoios a distintas asociacións que traballan no ámbito da atención a persoas con necesidades especiais e os apoios as equipacións e axudas para a apertura de centros de día para discapacitados intelectuais como as que teñen sede en Burela (centro Suafonte), ou Mondoñedo (reforma do centro San Pablo e San Lázaro de discapacidade intelecual), Viveiro (apoios a ASPANANE, centro de día ocupacional) e Xove (máis de medio millón de euros para o centro ocupacional en fase de construción de COGAMI)

 BLINDAR A ACCIÓN DO GOBERNO

 Estes datos demostran que a acción de goberno de Alberto Núñez Feijóo serviu para blindar os servizos públicos de atención a persoas con necesidades asistencias e garante a súa solvencia e, todo iso, pese a que as circunstancias son especialmente difíciles

Ademais, multiplicando as infraestruturas sanitarias búscase que os dependentes aproveiten a rede de equipamentos e infraestruturas sociais postos en marcha polas administracións públicas, ofrecendo unha alternativa profesional ao coidado e atención destas persoas e ofrecendo unha alternativa fiable aos coidadores do entorno familiar.

 

“En Galicia, desde que chegou Feijóo, un 60% dos dependentes están situados en residencias e centros de día da Xunta. O gasto social ten, nestes novos equipamentos de benestar, os seus froitos”- conclúe Balseiro.

 

UN SAÚDO

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2012
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: