• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« A Deputación de Lugo financia unha fundación da UPG
Deputación permanente »

Educación

29, Setembro 2012 por Admin B

Os populares aseguran que os programas postos en marcha para tal fin polo actual Goberno galego están a ter os seus froitos positivos grazas á implicación da comunidade educativa: estudantes, país e profesorado

 O PP salienta o reforzo dos centros educativos da Mariña nesta lexislatura grazas á potenciación das novas tecnoloxías e á ampliación da rede de centros plurilingües

  • Ata 12 centros educativos da nosa comarca participan no proxecto Abalar co que a Xunta aposta polas aulas dixitais e a plena integración da rede internet no proceso educativo.
  • Cinco centros plurilingües da Mariña avanzan na europeización do ensino e no reforzo da aprendizaxe de linguas estranxeiras esencias na formación dos profesionais do futuro.

 

A Mariña lucense, 29 de setembro de 2012.-  O deputado do Grupo Parlamentario Popular e número tres da candidatura do PP na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, salientou que a lexislatura que remata serviu para reforzar a calidade e servizos dos centros educativos da Mariña lucense grazas á potenciación das novas tecnoloxías e a ampliación da rede de centros plurilingües.

 NOVAS TECNOLOXÍAS

De feito, Balseiro explicou que ata 12 centros educativos -colexios e institutos- da nosa comarca participan no coñecido como programa Abalar, co que o actual Goberno galego aposta pola dixitalización das aulas e, en consecuencia, pola plena integración das novas tecnoloxías da comunicación e información (TIC), a través da rede internet, nas distintas etapas dos colexios educativos.

En concreto, forman parte do proxecto Abalar da Xunta o     IES Perdouro e  IES Monte Castelo de Burela, o  CPR Nuestra Señora del Pilar, IES de Foz, o IES Illa de Sarón de Xove, o IES San Rosendo (Mondoñedo), o instituto Marqués de Sargadelos de Cervo, o      CEIP do Vicedo e os colexios Santa Rita, IES María Sarmiento, CEP Luís Tobíoe e    IES Vilar Ponte, estos últimos en Viveiro.

 PLURILÍNGÜISMO

 Por outra banda o actual Goberno galego traballou nos últimos anos por fornecer os recursos necesarios para garantir a creación de programas de reforzo de aprendizaxe de linguas estranxeiras, ao entender este obxectivo como fundamental de cara á formación dos profesionais do futuro. Neste ámbito ata cinco centros educativos da comarca sumáronse ao proxecto de colexios e institutos plurilingües, en concreto, os sitos nas localidades de Burela, Foz, Viveiro e A Pontenova.

Os populares destacan que co fomento e o estímulo da aprendizaxe de linguas estranxeiras, preténdese dar un paso máis cara á europeización dos nosos centros educativos, nos que se incrementa a presenza da lingua estranxeira como lingua vehicular ata alcanzar, como máximo, un terzo do horario lectivo.

 CONTRATOS PROGRAMA

Finalmente a maioría dos centros de ensino da Mariña dispoñen dos denominados contrato-programa que implican o desenvolvemento de programas de reforzo, orientación e apoio; e mellora da lectura, da escritura e do cálculo. Estas actuacións a prol da mellora da calidade educativa beneficiaron o pasado curso a preto de 500 estudantes destes centros que contaron con novos profesionais que desenvolveron labores de docencia, titoría e coordinación

APOIO EXEMPLAR DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Desde o PP agradecen e subliñan a necesidade de unir as forzas de todos os membros da comunidade escolar para avanzar na mellora do ensino na comarca, lembrando que os programas postos en marcha para tal fin pola Administración educativa están a ter os seus froitos positivos grazas á implicación dos colexios e institutos mariñáns. Sinalan ademais que fronte a crispación das forzas da oposición e colectivos afíns que pretenden introducir a política nas aulas, o inicio do curso, que tivo lugar nas pasadas datas, puido desenvolverse con total normalidade o que amosa unha sociedade comprometida na mellora do sistema educativo, e nos programas que impulsa o goberno galego.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EDUCACIÓN |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2012
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: