• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Novas infraestruturas de Benestar
Educación »

A Deputación de Lugo financia unha fundación da UPG

29, Setembro 2012 por Admin B

Os socios de goberno de Gómez Besteiro favorecen descaradamente co diñeiro dos lucenses aos colectivos nacionalistas e fano a través dun procedemento extraordinario no que no permiten concorrer a outros colectivos

A Deputación de Lugo destina 30.000 euros a unha fundación vinculada ao BNG a través dunha subvención directa e extraordinaria

 

  • Os deputados socialistas a nacionalistas acordaron conceder esta axuda á Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas que constituída en xullo de 2004 a iniciativa da Unión do Povo Galego (UPG) partido hexemónico dentro do BNG

 

Lugo, 29 de setembro de 2012.-  Os populares lucenses denunciaron no día de hoxe que a Xunta de Goberno da Deputación provincial de Lugo -integrada por deputados socialistas e nacionalistas- decidiu conceder unha subvención directa e extraordinaria a unha fundación vinculada ao BNG.

Deste xeito, os socios de goberno de Gómez Besteiro favorecen descaradamente co diñeiro público de todos lucenses aos colectivos nacionalistas e fano a través dun procedemento extraordinario que, por non ser de libre concorrencia, impide acceder á mesma axuda a outros colectivos asociativos da provincia.

Os feitos aconteceron o pasado 21 de setembro cando a Xunta de Goberno acordaba por unanimidade “Conceder á Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, unha subvención directa de carácter excepcional, por importe de trinta mil euros”. Dáse a circunstancia de que este colectivo favorecido con diñeiro público por socialistas a nacionalistas foi constituído no ano 2004 a iniciativa da Unión do Povo Galego (UPG) formación política hexemónica e que na actualidade controla ao Bloque Nacionalista Galego.

ANTICIPO EXTRAORDINARIO

Non só a fundación da UPG vese favorecida pola achega desta axuda extraordinaria, baixo o pretexto de “colaborar no financiamento dos gastos de funcionamento do estudo sobre o movemento estudantil galego”, senón que ademais os integrantes do goberno provincial bipartito acordan anticipar o abono do 60% da subvención, isto é, un total de 18.000 euros.

ABUSO DAS SUBVENCIÓNS DIRECTAS

Os populares lucenses que o Goberno bipartito da Deputación provincial abusa de xeito habitual e reiterado deste procedemento de concesión de subvencións directas, sobre todo nas proximidades de calquera cita electoral e para favorecer a concellos ou asociacións da mesma cor política que a das forzas do bipartito.

Curiosamente a normativa vixente en materia de subvencións di que o procedemento de concesión directa, por limitar o principios de publicidade e concorrencia, deberá ter un carácter excepcional e, en todo, caso será aplicable cando se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública. Só unha interpretación partidista e nesgada desta normativa permitiría deducir que, neste caso concreto, estas causas concorren para autorizar á fundación próxima ao BNG a recibir estas axudas.

SEGUIMENTO

Os populares non só fan pública esta denuncia que pon de relevo o uso partidista dos fondos públicos que xestiona a Deputación de Lugo senón que adiantan que presentarán cantas iniciativas de seguimento e control sexan preciso para depurar as responsabilidades políticas e xurídicas que destes feitos puideran derivarse.

Resulta evidente que Gómez Besteiro e Antón Veiga dirixen e forman parte dun goberno -o bipartito da Deputación lucense- cun moi dubidoso compromiso coa transparencia e a ética política o que lles leva a acometer este tipo de prácticas como mínimo cuestionables.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2012
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: