• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Deporte
Visita de Agustín Hernández, candidato »

Opinión: Alcoa

3, Outubro 2012 por Admin B

<< Alcoa ten futuro >>

Hoxe máis que nunca temos a certeza de que neste camiño o Ministerio é sensible ao problema de Alcoa, e de que os populares galegos seguiremos estando á beira dos que pensan que Alcoa ten futuro. Pedimos, polo tanto, unha marxe de confianza para que se presenten, desenvolvan e ofrezan os seus primeiros resultados as propostas prometidas por José Manuel Soria

Sería absurdo pensar que calquera administración vai a renunciar a defender con toda intensidade a actividade dunha empresa como Alcoa que dá traballo a máis de 2.000 persoas e representa máis dun terzo da actividade económica da nosa provincia. Pero, a maiores de todo iso, a visita do Ministro de Industria supón a manifestación explícita dese compromiso e o apoio firme, inequívoco, claro e rotundo para que Alcoa siga a ser un proxecto con futuro e siga apostando pola Mariña para localizar a súa actividade e xerar riqueza e emprego.

 Aínda que respectamos calquera opinión, os feitos son bastante tozudos,  non suxeitos a interpretación: Alcoa valora os apoios sistemáticos dos gobernos central e autonómico, retira o seu ultimato de peche e prognostica un final feliz. Porque o ministro Jose Manuel Soria dixo que Alcoa seguirá dispoñendo, pasado o mes de decembro, dunha tarifa competitiva que permita ás factorías de Galicia manter a súa actividade. O compromiso de Industria é tamén o da Xunta, que ante todo quere manter o traballo nesta industria.

 O Goberno de España non deu as costas en ningún momento a Alcoa e os seus traballadores, de feito é o seu principal aliado no obxectivo de convencer a Bruxelas -que ten que dar o visto e prace final da proposta efectuada onte- de que a solución pasa por un marco estable a nivel estatal para todos os grandes consumidores de enerxía.

 Lonxe de distintas visións, hai un feito claro. A visita do ministro serviu para dar tranquilidade, para evitar o nerviosismo dunha crise contrareloxo da que non víamos fin.  Hoxe máis que nunca temos a certeza de que neste camiño o Ministerio é sensible ao problema de Alcoa, e de que os populares galegos seguiremos estando á beira dos que pensan que Alcoa ten futuro. Pedimos, polo tanto, unha marxe de confianza para que se presenten, desenvolvan e ofrezan os seus primeiros resultados as propostas prometidas por José Manuel Soria.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO, General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2012
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: