Mitín Rábade e Guitiriz

Nun mítin en Rábade e Gutiriz, no que participou a Ministra de Fomento, Ana Pastor

Os populares instan a mobilizarse polo proxecto político de Alberto Núñez Feijóo, o único que aposta polo futuro de Galicia

  • Mentras noutras comunidades pechan hospitais, en Galicia constrúense, e no tocante as gardarías, mentras noutras provincias cerran, en Galicia, increméntase en máis de cinco mil as prazas.
  • Insiste o PP en que apostar por Núñez Feijóo é apostar polo futuro

Lugo 7-10-2012-.  A Ministra de Fomento, Ana Pastor, viaxou hoxe a provincia lucense, para apoiar á candidatura de Alberto Núñez Feijóo por Lugo ao Parlamento de Galicia. Nun paseo electoral, Ministra, Presidente Provincial, e candidatos, percorreron o feiral de San Froilán ata chegar as casetas, lugar onde fixeron unha parada para levar a cabo a tradicional pulpada.

Xa pola tarde, os populares, partiron cara a Rábade, para levar a cabo un mitin nesta localidade. Nun abarrotado Salón de actos do Centro Social, a Ministra Ana Pastor instou a tódolos cidadáns á mobilización

“Mobilizarnos todos xuntos, por un proxecto político que aposta polo futuro de Galicia, por ser austeiro, por paga-lo que se debe, porque fixo posible que Galicia sexa a Comunidade menos endebedada de España que pode facer fronte as súas facturas, que paga a proveedores e que priorizou a sanidade e a educación por riba de todo”-manifestou.

Pastor afirmou que tanto o Goberno de Nuñez Feijóo coma o Goberno Central apostan por Lugo, de ahí que o Ministerio que dirixe destinase para as infraestructuras da provincia máis de 160 millóns de euros nos Presupostos Xerais do Estado para 2013.

O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, agradeceu a presenza hoxe en Lugo da Ministra e o seu compromiso coa provincia, e afirmou que mentras uns peregrinan por localidades anunciando a “bombo e platillo” compromisos que, eles mesmos son conscientes que non poderán realizar, outros optan por traballar para facer posibles as demandas dos cidadáns.

Criticou duramente o Presidente Provincial as visitas de Rubalcaba e Vázquez a Lugo; “deberíalles caer a cara de vergoña  por deixar caixóns cheos de facturas sen pagar e por estar enganando continuamente aos cidadáns”,- dixo José Manuel Barreiro quen engadeu que o que lles doe aos socialistas e ver unha Galicia solvente, que se recupera pouco a pouco, logo da herdanza envelenada recibida por parte dos seus socios cando estaban no goberno.

Pedíu José Manuel Barreiro o voto a Alberto Núñez Feijóo, quen dixo que de non facelo é ir para atrás é dividir a Xunta en cinco partidos, en cinco proyectos, é dicir, nun pentapartito.

A continuación do mitin de Rábade, os populares dirixíronse a Guitiriz, onde instaron tamén aos cidadáns á mobilización polo proxecto político de Alberto Núñez Feijóo.