Leccións poucas

A xestión do secretario xeral do PSOE nefasta para a economía e o emprego

Balseiro lembra que Rubalcaba formaba parte dun goberno que deixou 24 mil millóns de euros de pufo no sistema eléctrico

 

  • Este déficit puxo entre as cordas a empresas grandes consumidores de enerxía como Alcoa ao ter que renegociar á alza a súa factura eléctrica

A Mariña, 6 de outubro de 2012.-  José Manuel Balseiro Orol, deputado autonómico e actual número tres da candidatura do PP ao Parlamento de Galicia dixo hoxe que o principal problema de Alcoa foi o PSOE despois de qué durante as suas duas lexislaturas no goberno multiplicaran por 17 o déficit na tarifa eléctrica.

Balseiro fixo esta reflexión cando esta prevista a visita á Mariña de Alfredo Pérez Rubalcaba, de quen lembrou formaba parte dun goberno que deixou esos 24 mil millóns de euros de pufo no sistema eléctrico. Este desorbitado deficit puxo entre as cordas a empresas grandes consumidores de enerxía como Alcoa ao ter que renegociar á alza a súa factura eléctrica.

PSOE=PROBLEMAS, PP=SOLUCIÓNS

Balseiro contrapón a xestión do secretario xeral do PSOE que foi nefasta para a economía e o emprego coa que esta desenvolver o actual goberno galego capitaneado polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que esta a actuar como principal aliado dos intereses de Alcoa, da permanencia da sua actividade e da continuidade dos seus traballadores.

 Nesta liña o deputado popular lembrou a súa intermediación ante o Ministerio de Industria que permitiu que se adquiran unha serie de compromisos que ofrecen unha alternativa esperanzadora, ben acollida pola empresa que retirou o seu ultimátum de peche, para garantir o futuro da actividade desta compañía en Galicia grazas á articulación dunha nova tarifa eléctrica competitiva logo do remate da vixencia do actual contrato.