• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Mitín Rábade e Guitiriz
O futuro de Alcoa »

Compromiso co Hospital da Costa

10, Outubro 2012 por Admin B

O candidato popular sinala  que socialistas e nacionalistas deberían pedir perdón aos veciños da Mariña por retrasar durante a súa etapa de mandato todos estes investimentos que si levaron adiante desde o PP

Balseiro lembra que nos últimos oito anos só o Goberno do Partido Popular investiu no Hospital da Costa fronte aos cero euros do bipartito

  • Salienta os dous millóns de euros achegados para a reforma integral do servizo de Tocoxinecoloxía, a reforma da cuberta, rampla de acceso, ampliación da área de espera da resonancia, espazo de farmacia e áreas de arquivo do hospital e a adquisición de novos ecógrafos e o investimento inminente na mellora do servizo de anestesia.
  • Balseiro asegura que antes de fin de ano Sanidade presentará o novo plan funcional do Hospital da Costa no que xa está traballando a Xunta e no 2013 o plan director e arquitectónico que fará posible a ampliación do centro na vindeira lexislatura.

 DECLARACIÓNS DE JOSE MANUEL BALSEIRO:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/10/balseiro-hospital-da-costa-1.mp3

A Mariña, 3 de outubro de 2012.-  O deputado e número tres da candidatura do Partido Popular en Lugo, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe a socialistas e nacionalistas que os únicos investimentos realizados no Hospital da Costa nos últimos oito anos foron os que se levaron a cabo na última lexislatura co goberno do Partido Popular.  Balseiro pon de relevo as mentiras de socialistas e nacionalistas en relación co centro sanitario de referencia da Mariña que foi totalmente esquecido polo bipartito

INVESTIMENTO CERO FRONTE A 2 MILLÓNS DE EUROS

 Balseiro contrapuxo a achega -nestes últimos catro anos- de máis de dous millóns de euros en obras e melloras tecnolóxicas para este centro hospitalario de referencia da Mariña lucense, co investimento cero durante a etapa de goberno bipartito, un feito que non tiveron mais remedio que recoñecer desde a Xunta de Galicia gobernada por PSOE e BNG a través dunha resposta parlamentaria ao propio deputado popular.

OBRAS E MELLORAS TECNOLÓXICAS

Entre as actuacións desenvolvidas polo PP, e esquecidas por socialistas e nacionalistas durante o seu mandato están, a reforma integral do servizo de Tocoxinecoloxía, para o que se investiu máis de un millón de euros e as obras de mellora por un importe de 518.793 euros na reforma da cuberta, rampla de acceso, ampliación da área de espera da resonancia, farmacia e áreas de arquivo do hospital

 Balseiro tamén recorda que fronte aos cero euros do bipartito, o PP investiu en equipamentos para a modernización tecnolóxica do hospital como foi os 169.000 para a adquisición de novos ecógrafos nas áreas de cardioloxía, xinecoloxía e radioloxía, ou a implantación do servizo de prevención precoz do cancro de mama que agora dispón de instalacións permanentes no hospital, moito máis modernas.

 A todas estas actuacións sumamos tamén o investimento inminente para a reforma integral de todo o servizo e tecnoloxía de anestesia cunha achega estimada de preto de 200.000 euros.

 AMPLIACIÓN DO HOSPITAL

 Os populares lembraron que a próxima lexislatura será a da ampliación do Hospital da Costa, a gran materia pendente, na que o Goberno do Partido Popular vén traballando intensamente nos últimos anos xa que está antes de final de ano terá rematado o plan funcional -moderno e adaptado ás novidades técnico-cirúrxicas actuais- e no 2012 presentará o plan director e arquitectónico do Hospital da Costa.

PEDIR PERDÓN

Todos estes datos obxectivos demostran que socialistas e nacionalistas non están lexitimados para falar do hospital da Costa, todo o contrario, “o que deberan facer -dixo Balseiro- é pedir perdón aos veciños da Mariña por retrasar catro anos durante a súa etapa de mandato todos estes investimentos e proxectos que si levou adiante o PP”

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2012
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: