O futuro de Alcoa

Nunha rolda de prensa en San Ciprián

O PP destaca o firme compromiso do Goberno de España para que Alcoa poida manter as súas inversións

  • Balseiro e Rodríguez xustificaron o perigo da continuidade en España de Empresas como Alcoa pola mala xestión do Goberno Socialista

Declaracions de Balseiro:

Declaracións de Julia Rodríguez, senadora:

Xoves, 11 de outubro de 2012.- Nunha rolda de prensa esta mañá en San Ciprián, Julia Rodríguez e José Manuel Balseiro pediron unha marxe de confianza para o Goberno de España, quen está traballando no diseño dunha tarifa eléctrica acorde ás necesidades dos grandes consumidores de enerxía, entre os que se atopa Alcoa.

Acompañados por diversos cargos públicos do partido na comarca de A Mariña y pola senadora Julia Rodríguez, que presentou unha pregunta sobre Alcoa na Cámara Alta dirixida ao Ministro Soria,  os populares destacaron o firme compromiso do GOberno de España para que Alcoa poida anter as súas inversións.

Balseiro e Rodríguez incidiron no compromiso adquirido polo Ministro de Industria, José Manuel Soria, durante a súa visita a fábrica de San Cibrao e insistiron en que Alcoa non vai a ter problema coa tarifa eléctrica a partires do 1 de xaneiro, porque ata a data ainda está o contrato en vigor.

Afirmaron os populares que estase a traballar para darlle forma á solución que necesita Alcoa e outros grandes consumidores de enerxía  en España e lembraron que por primeira vez, dende que Alcoa opera en San Cibrao, desde fai aproximadamente vintesete anos, visitou a planta un ministro.

Aseguraron os populares que o Ministro Soria non veu de turismo A Mariña, senón que veu a dala cara e a decir que o Goberno de España ten unha solución para Alcoa, polo que lles pediu aos traballadores da fábrica que lle den unha marxe de confianza ao Goberno de España, que enviou como voceiro á persoa que ten que rexir o destino da política enerxética neste país.

 “Por parte do Partido Popular, cremos ao Goberno de España, ao seu Presidente e ao Ministro. A empresa tamén demostrou que cree ao Titular de Industria, porque presentou un ultimátum e retirouno, co cal, se se retira ese últimatum será porque se cree ao Ministro”- concluíron.