Comeza a IX lexislatura autonómica

Na sesión constitutiva que tivo lugar hoxe no Pazo do Hórreo para dar comezo á IX lexislatura autonómica

Jose Manuel Balseiro (PPdeG), reelixido secretario do Parlamento de Galicia

  • Esta é a segunda ocasión na que o deputado popular residente na Mariña lucense conforma o órgano de dirección da Cámara autonómica.

Santiago de Compostela, 16 de novembro.- O deputado do PPdeG Jose Manuel Balseiro foi reelixido como secretario do Parlamento galego con 41 votos a favor –o número de parlamentarios que ten o seu grupo – na sesión constitutiva que tivo lugar hoxe no Pazo do Hórreo para dar comezo á IX lexislatura autonómica.

O Parlamento galego celebrou esta mañá a súa sesión constitutiva tras as eleccións do 21 de outubro, nas que o PP revalidou e ampliou a maioría absoluta

A votación da secretaría da Mesa tivo lugar tras efectuar a elección da Presidencia, que recaeu na pontevedresa popular Pilar Rojo e dos dous postos de vicepresidencia que recae no ourensán Miguel Santalices do Grupo Popular e na deputada socialista Marisol Soneira.

Deste modo, populares e socialistas –aos que lles corresponde en función do resultado das últimas eleccións autonómicas- conforman o órgano de dirección da Cámara autonómica.

O mariñán Jose Manuel Balseiro, forma parte dos primeiros nomeamentos de Alberto Núñez Feijóo para a lexislatura 2012-2016, quen o pasado mércores confirmou a intención de propoñelo para o cargo para o que foi elixido hoxe.

A nivel orgánico, Balseiro exerce como secretario xeral do Partido Popular na Provincia de Lugo, encara a súa terceira lexislatura como parlamentario autonómico, cámara na que desempeñou funcións na portavocía de Pesca e, na pasada lexislatura, como Secertario do órgano reitor do Parlamento