Actividade económica e emprego

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular sinala que a Xunta cumpriu cos compromisos adquiridos executando un dos principais esforzos inversores na comarca coa ampliación do peirao de Mirasol co obxecto de facilitar a actividade da empresas usuarias

BALSEIRO PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS MEDIDAS DA XUNTA PARA GARANTIR O TRÁFICO COMERCIAL DE ENCE NO PORTO DE MIRASOL

Carga de pasta de celulosa no porto de Mirasol, en Ribadeo (Foto: El Progreso)

  • Lembra que Portos de Galicia e Ence teñen asinado un convenio en pleno vigor ata decembro de 2020 para o movemento de 1,5 millóns de toneladas de pasta de papel e outros produtos.
  • Censura a actitude do Executivo socialista asturiano obsesionado por captar o tráfico portuario de ENCE Ribadeo no porto do Musel en Xixon pese a dispoñer de peores condicións e garantías

Declaracións de Balseiro:

Santiago 18 de decembro de 2012.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e deputado mariñán, Jose Manuel Balseiro, rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia coa que se interesa polas medidas impulsadas pola Xunta para garantir o tráfico comercial da empresa ENCE no porto lucense de Mirasol (Ribadeo), que supón a inmensa maioría da carga de traballo destas instalacións portuarias.

O deputado popular formula a devandita pregunta logo de coñecerse a “indisimulada intención” do actual Goberno socialista do Principado de Asturias de intentar que a factoría papeleira ENCE empregue as instalacións portuarias do Musel en Xixón como base de operacións en substitución do porto comercial galego.

Balseiro amosa a súa confianza na continuidade das operacións da papeleira naviega no peirao ribadense dadas as vantaxes cualitativas que este ofrece e lembra que a Xunta cumpriu cos compromisos adquiridos executando o que foi un dos principais esforzos inversores na comarca: a ampliación do peirao de Mirasol

ACORDO EN VIGOR

O parlamentario popular lembra tamén que Portos de Galicia e Ence teñen asinado un convenio en pleno vigor ata decembro de 2020 para o movemento de 1,5 millóns de toneladas de pasta de papel e outros produtos que se está a cumprir con total normalidade e que ofrece un horizonte de tranquilidade.

VANTAXES DE MIRASOL

Balseiro sinala que o as instalacións portuarias de Mirasol ofrecen moitísimas maiores garantías ás de Xixón ademáis de todo o expresado por catro características: garantiza a ENCE un tráfico estable, implica unha bonificación de ata o 60% nas taxas portuarias, as mercadorías transportadas (fundamentalmente pasta de papel e derivdos) sofre menos manipulación, polo que se mantén inalterable a calidade do producto e por parte do servizo de estiba e das propias empresas estibadoras mantense unha continua mellora da prestación de servizo e da maquinaria empregada.

TRÁFICOS COMPATIBLES E COMPLEMENTARIOS

Non obstante, Balseiro quere coñecer as xestións que está a desenvolver Portos de Galicia neste ámbito e deixar claro a súa censura ante a actitude do Executivo socialista asturiano obsesionado por captar o tráfico portuario de ENCE Ribadeo no porto do Musel en Xixon pese a dispoñer de peores condicións e garantías e pese a que, ben formulado, o uso de ambos portos pode ser totalmente compatible e complementario.