Pensións

Logo do anuncio efectuado polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

BALSEIRO SINALA QUE PRETO DE 5.500 FAMILIAS LUCENSES CON PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS PERCIBIRÁN EN XANEIRO UN SUPLEMENTO DA XUNTA DE 200 EUROS

arranca-campana-electoral-actos-sectoriales-centrados-empleo-pensiones-pymes-educacion_1_633960

  • Na Mariña lucense o número de familias beneficiaras achégase a preto de 800 familias.
  • O goberno galego prioriza este complemento autonómico que non existe en 12 comunidades e que en 4 se paga a metade do que se abona en Galicia.

Audio:

Audio:

26 de decembro de 2012.- O secretario da Mesa do Parlamento e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, avanzou hoxe que preto de 5.500 familias lucenses con pensións non contributivas –as de menor contía- recibirán, en xaneiro, un suplemento de 200 euros a conta da Xunta de Galicia.

Balseiro explica que así o decidiu o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen autorizou esta paga extra para as pensións máis baixas froito do compromiso do Goberno galego por dar prioridade ao pagamento deste complemento autonómico que non existe en 12 comunidades autónomas e que en 4 das que si o pagan, fanno na metade da contía que se abona en Galicia.

As pensións non contributivas son aquelas que reciben determinadas persoas polos conceptos de xubilación ou invalidez cando non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión contributiva.

O Goberno galego achega un total de 8,7 millóns de euros para o complemento destas pensións máis baixas, no conxunto de Galicia e prevé realizar os abonos nos dez primeiros días do mes de xaneiro. A Xunta ingresa a extra das pensións non contributivas nas mesmas contas correntes nas que a Seguridade Social abona as mensualidades dos pensionistas.