Factura da luz

Logo de que se multipliquen as queixas de particulares e empresas así como tamén o número de expedientes sancionadores abertos polo Instituto Galego de Consumo

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO DE GALICIA POLAS MEDIDAS A ADOPTAR CONTRA OS ABUSOS DAS ELÉCTRICAS

 ahorro-luz

 

  • O deputado popular insta ás administracións central e autonómica a extremar a protección dos dereitos dos usuarios ante os problemas xurdidos coas tarifas e facturas eléctricas

Santiago 3 de xaneiro de 2012.- O secretario da Mesa do Parlamento e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de interesarse polas medidas a adoptar contra os abusos das compañías eléctricas que están a xerar multitude de queixas e reclamacións por parte dos cidadáns e a apertura dun número crecente de expedientes sancionadores polo Instituto Galego de Consumo.

O parlamentario e secretario xeral dos populares na nosa provincia insta ás administracións central e autonómica a extremar a protección dos dereitos dos usuarios ante os problemas xurdidos nas facturas e polos cambios producidos nas tarifas.

CAMBIO EN TARIFAS, ESTIMACIÓNS E EQUIPOS DIXITAIS

Segundo Balseiro os veciños da provincia de Lugo non son alleos aos problemas relacionados coa factura da luz e, de feito, esta situación agravouse a  partir da introdución da Tarifa de Último Recurso (TUR), da entrada en vigor da normativa que establecía a facturación mensual con lectura estimada e lectura real, e da substitución dos equipos de medida polos novos equipos dixitais adaptados para telexestión.

PRINCIPALES PROBLEMÁTICAS

O deputado popular describe que as problemáticas máis habituais coas que se están a atopar os usuarios teñen que con a ausencia de facturación durante un longo período de tempo; co cobro en facturas posteriores polo importe de toda a enerxía consumida durante o devandito período, con atrasos significativos na regularización de lecturas estimadas e con cortes da subministración eléctrica por falta de pagamento sen respectar as modalidades e os prazos previstos na regulación e sen xustificación de aviso previo, entre outros.

Balseiro anima aos cidadáns a canalizar as súas queixas por irregularidades nas facturas a través das oficinas de consumo xa que permitirán ás administracións ter mellor coñecemento da situación real que se está a producir e así tomar as medidas adecuadas para resolver a súa situación.

TRABALLO SERIO E SOLUCIÓNS

O parlamentario popular precisou que os problemas coas facturas eléctricas non son de hoxe, senón que veñen desde 2009, e lamentou que o anterior Goberno central “mirara para outro lado”. Pola contra desde a Xunta e desde Goberno central xa ao comezo da lexislatura, “son sensibles” están traballando “moi seriamente” neste ámbito, a través dos departamentos de Consumo e Industria, que se reuniron con todas as distribuidoras e comercializadoras para buscar vías de solución aos problemas.

Balseiro pediu ás empresas eléctricas que reforcen os servizos e teléfonos que poidan servir para canalizar dun xeito máis doado a atención de reclamacións así como tamén intereseouse polo o seguimento e control das reclamacións que se efectúan desde as administracións.