Orzamentos 2013: provincia de Lugo

O secretario xeral dos populares lucenses non entende as críticas socialistas aos orzamentos da Xunta para 2013 na nosa provincia tendo en conta que eles achegaban un investimento menor en tempos de bonanza que o actual do PP en tempos de dificultade

O PP LEMBRA AO PSOE QUE A XUNTA MULTIPLICA POR DOUS O INVESTIMENTO POR HABITANTE NA PROVINCIA DE LUGO AO PASAR DOS 374 EUROS PREVISTOS POLO BIPARTITO EN 2009 AOS 767 EUROS ACTUAIS

logoOrzamentos

  • Balseiro subliña que fronte a un goberno bipartito que actuaba de xeito inxusto e discriminatorio con Lugo hoxe temos un goberno –o do Partido Popular- que prioriza os investimentos, obras e servizos na provincia.

  

Lugo, 4 de xaneiro de 2013.- O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro asegurou hoxe que no PSOE hai que ter “moita cara dura política” para criticar aos orzamentos da Xunta para 2013 tendo en conta que o último goberno bipartito da Xunta achegaba un investimento moito menor en tempos de bonanza que o actual esforzo inversor que a Xunta fai nesta provincia, en tempos de dificultade económica.

Con datos oficias na man, o secretario xeral dos populares lucenses quixo lembrar ao PSOE que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo multiplicou por dous o investimento por habitante na provincia de Lugo. De feito fronte aos 374 euros por habitante previstos no último orzamento elaborado polo bipartito (o de 2009) pasouse aos 767 euros por habitante previstos  nos actuais orzamentos da Xunta para 2013, “insisto máis do dobre”

Balseiro non comprende a “torpeza política” de criticar unhas contas e uns investimentos que son moi superiores hoxe aos que tiña o bipartito, pese a que daquela manexaban un orzamento global maior, e sinala que desta cuestión debería ter pleno coñecemento a lucense Concepción Burgo pois xa daquela era deputada no Parlamento de Galicia e polo tanto coñecía o contido dos orzamentos elaborados polo bipartito.

LÍDER EN INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUTURAS

O secretario xeral do PPdeLugo puxo como exemplo o investimento previsto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas  para 2013 que servirá para dar continuidade ou rematar as grandes obras que se atopan en marcha na provincia de Lugo en materia de estradas, saneamento, abastecemento, vivenda e equipamentos públicos, aos que destinará en 2013 mais de 60 millóns de euros. “Isto implica que Lugo é a provincia na que a Xunta investirá mais diñeiro por habitante en infraestruturas”

 FIN Á DISCRIMINACIÓN DO GOBERNO PSOE-BNG

Balseiro subliña que fronte a un goberno bipartito que actuaba de xeito inxusto e discriminatorio con Lugo hoxe temos un goberno –o do Partido Popular- que prioriza os investimentos, obras e servizos na provincia. Nesa liña rematou lembrando que no só Lugo é unha das provincias máis beneficiadas polo acceso á responsabilidade de goberno do Partido Popular –como puido verse ao longo da pasada lexislatura nun tempo de especial dificultade económica- senón que sigue a ser destino prioritario dos esforzos da Xunta en comparación coas provincias atlánticas ou grazas á posta en marcha de mecanismos de apoio positivo como o Plan Impulsa Lugo ou o Fondo de Crecemento do que a nosa provincia será un dos seus principais territorios beneficiarios.