Fondo de Crecemento

A maiores o Plan ImpulsaLugo mantén todo o seu potencial ao obxecto de dar condicións máis favorables aos emprendedores que inicien ou amplíen o seu negocio nesta provincia

A PROVINCIA DE LUGO A MÁIS BENEFICIADA POLO FONDO DE CRECEMENTO INCLUÍDO NOS ORZAMENTOS DA XUNTA

Sin título

  • Este fondo dotado a nivel autonómico con 386 millóns de euros dos que ata 113 poderían beneficiar a proxectos, sectores e iniciativas a desenvolver na nosa provincia

Lugo, 8 de xaneiro de 2013.- Logo da aprobación polo Consello da Xunta do proxecto de Lei de Orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2013, o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro Orol, sinalou que a nosa provincia será unha das máis beneficiadas pola aplicación Fondo de Crecemento que, de xeito novidoso e extraordinario, se incorpora por primeira vez ás contas autonómicas

Este fondo dotado con 386 millóns de euros dos que ata 113 poderían destinarse a Lugo, nace co obxectivo de sentar as bases nos primeiros dous exercicios da nova lexislatura que permitan que a economía galega volva a crecer na segunda parte do mandato.

OBXECTIVOS DO FONDO

Este fondo ademáis está chamado a impulsar as medidas incluídas no Plan Estratéxico, e a mellorar a coordinación daquelas políticas que teñen que ser impulsadas por varias consellerías. A través das achegas do fondo de crecemento a Xunta garantirá unha maior eficacia nos investimentos que se realicen, todo iso co obxectivo de ser un instrumento que incentive a reactivación económica.

Entre as prioridades, estarán reter e atraer talento, aproveitar as  potencialidades da comunidade, desenvolver novos produtos e servizos, axudar a facer máis compatibles a oferta e a demanda laborais, favorecer a creación de empresas e o seu acceso aos mercados e ao financiamento, reforzar a internacionalización das empresas galegas, darlle maior relevancia e modernizar o tecido industrial, fomentar o emprego das TIC en todos os sectores e axudar ao reequilibrio territorial.

BENEFICIOS PRÁCTICOS

Como beneficios prácticos deste fondo, Balseiro orol sinalou a rebaixa selectiva de impostos, fixando novas deducións para favorecer e impulsar os proxectos dos emprendedores galegos: Haberá unha dedución do 20% do IRPF para a creación de novas empresas ou ampliación da actividade de empresas de recente creación, e duplicarase a dedución xa existente para investimento en accións ou participacións de novas empresas.

FORTALECE O IMPULSA LUGO

Por outra banda, o Fondo de Crecemento engade o seu esforzo investidor ao Plan ImpulsaLugo que mantén todo o seu potencial ao obxecto de dar condicións máis favorables aos emprendedores que inicien ou amplíen o seu negocio nesta provincia.

Cómpre non esquecer tamén que o proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade galega para 2013 reforza a aposta do Goberno autonómico polo equilibrio do territorio priorizando o gasto por habitante na provincia de Lugo fronte ás de Pontevedra e A Coruña, pois os recursos que destina por habitante nas provincias interiores son un 50% superiores ás atlánticas. Así, a suma dos investimentos da administración xeral e dos entes dependentes supón que o gasto por habitante será o vindeiro ano de 767 na de Lugo, mentres que á de Pontevedra se destinará 538 euros e á de A Coruña 503