Hospital da Costa

Investimentos no centro hospitalario mariñán

BALSEIRO CONCRETA QUE O SERGAS DESTINA 143.372 EUROS Á SUMINISTRACIÓN DE MATERIAL E EQUIPAMENTO PARA O SERVIZO DE ANATOMÍA PATOLÓXICA DO HOSPITAL DA COSTA

anatomia_patologica4

  • Nel desenvolven o seu traballo os profesionais técnicos e sanitarios encargados de diagnosticar distintas enfermidades en función da análise de biopsias, pezas cirúrxicas ou citoloxías

Burela, 9 de xaneiro de 2013.- O deputado popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que o SERGAS vén de formalizar un contrato por valor de 143.372,89 euros para a suministración do material e equipamento necesario para o funcionamento do Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa.

O devandito servizo é o encargado estudar, por medio de técnicas morfolóxicas, as causas, desenvolvemento e consecuencias das enfermidades. O seu fin último é o diagnóstico correcto de biopsias, pezas cirúrxicas, citoloxías e outras probas médicas relacionadas con todo o corpo humano e, de xeito especial, no relativo ao sangue, mamas, análises gastrointestinais, órganos como o fígado, páncreas, ril, próstata, médula ósea, sistema nervioso e respiratorio, xinecoloxía, osos, pel, etc…

A empresa Dako Diagnósticos, S.A será a encargada de subministrar ao centro hospitalario mariñán o material necesario para a realización de estudos Inmunohistoquímicos e Histoquímicos de forma automatizada, así como tamén do arrendamento a do equipamento necesario para a realización dos citados estudos. Esta prestación comporta a de mantemento do equipo durante o arrendamento. Segundo reza a resolución do Director Xerente do Hospital da Costa publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato foi adxudicado con data 9.11.2012, formalizado o un de decembro de 2012