• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa
Luz »

Ribadeo

10, Xaneiro 2013 por Admin B

O secretario xeral dos populares lucenses empraza ao alcalde de Ribadeo a que abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación permanente e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta

BALSEIRO: “SABEMOS DA AFECCIÓN DE SUÁREZ BARCIA POLAS PANCARTAS, PERO AGORA O QUE TOCA É SENTARSE NOS DESPACHOS E NEGOCIAR”

Aduana, Concello e Torre dos Moreno, Ribadeo.jpg

  •  O PP ten o máximo respecto pola plataforma pro-residencia de Ribadeo pero que nin comprende, nin acepta, nin considera correcta a actitude do alcalde e do BNG en todo este asunto.

 

Ribadeo, 10 de xaneiro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol dixo hoxe que a pesar de que é pública e notoria a afección do alcalde nacionalista de Ribadeo por andar “tras a pancarta” agora o que corresponde facer por responsabilidade coas seus veciños é “sentarse nos despachos e negociar”. Nesta liña emprazou ao rexedor a que abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación permanente e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta.

SEMPRE MOLESTO, SEMPRE CRISPADO

Balseiro asegura que a sociedade asiste con perplexidade a actitude crispada dun alcalde ao que todo lle senta mal. Para Suárez Barcia primeiro era un problema que a conselleira de Traballo e Benestar non recibira á plataforma. E agora tamén lle parece un problema o contrario, isto é, que Beatriz Mato si os reciba. Como mínimo terá que empezar por aclararse- asegurou-

Balseiro explica que a intervención do Partido Popular neste asunto tivo por obxecto responder á necesidade de resolver unha situación que se estaba enquistando. O dirixente popular dixo que os veciños están a pedir ao políticos que resolvamos problemas e non que unha e outra vez esteamos enfrontándonos. O que buscamos o pasado luns e resolver un problema motivado pola actitude permanentemente belixerante do alcalde, incapaz de negociar e chegar a ningún acordo.

XESTIONAR E ESTABLECER PRIORIDADES

O secretario xeral dos populares lucenses di que o PP ten o máximo respecto pola plataforma pro-residencia de Ribadeo pero que nin comprende, nin acepta, nin considera correcta a actitude do alcalde e do BNG en todo este asunto. De feito sinala que si de verdade a construción da residencia fora unha prioridade do equipo de goberno municipal podería ter priorizado o investimento nesta infraestrutura de benestar en vez de destinar preto de tres millóns de euros á construción dun pavillón deportivo, que non digo que non fora necesario pero si que é un servizo estaba cuberto, dado que o concello ten distintas instalacións deportivas deste tipo.

MAL XESTOR: PERDA DO OBRADOIRO

Por outra banda Balseiro asegurou que desde o PP non poden aceptar ningún tipo de leccións sobre boa xestión que veñan do alcalde de Ribadeo e nesa liña lembroulle ao alcalde que que pola súa culpa, incompetencia e falta de interese perdeuse o obradoiro de emprego. “Non pode dar exemplo de boa xestión quen castigou ás persoas, aos seus veciños que máis apoio necesitan neste momento, os desempregados”.

O secretario xeral dos populares lucenses dixo de Suárez Barcia tiña unha oportunidade na reunión de mañá para que a conselleira lle confirmara os motivos que levaron a perder este obradoiro. Ainda que probablemente non o fará para non escoitar o que xa sabe, que presentou a documentación fora de prazo, evitando poñerse así en evidencia e colorado diante de toda a plataforma

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR, General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: