Orzamentos da Deputación de Lugo 2013

O que é medible non é interpetable: En 2013 o bipartito provincial lucense recorta nun 19,41% o gasto en investimentos reais e nun 17% as transferencias de capital aos concellos

BALSEIRO: “NON TEN SENTIDO QUE OS LUCENSES PAGUEN COS SEUS IMPOSTOS A CAMPAÑA DE IMAXE DE GÓMEZ BESTEIRO PARA FACERSE COA SECRETARÍA XERAL DO PSdeG”

 Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo

  • O parlamentario popular reprocha ao Presidente da Deputación lucense que nun contexto de crise e axustes aumente nun 35% os gastos de propaganda da institución provincial.
  • A de Lugo é a única deputación galega que non financia ao 100% o servizo de asistencia domiciliaria e que non achega, en contía suficiente, o diñeiro para colaborar co servizo de axuda no fogar dos concellos.

 

Santiago, 18 de xaneiro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, asegurou que “non ten sentido algún, que os lucenses teñan que pagar cos seus impostos a campaña pre-electoral, de imaxe e propaganda, de Jose Ramón Gómez Besteiro para facerse coa Secretaría Xeral do PSdeG”.

Deste xeito reprochou ao Presidente da Deputación de Lugo que nun contexto de crise e axustes incremente nun 35% os gastos do ente provincial lucense destinados a propaganda e protocolo. Os orzamentos para 2013 inclúen partidas por importe de 1.226.400€ para estes conceptos aos que habería que engadir 1.565.455€ máis destinados á fundación TIC “a produtora televisiva ao servizo personal de Gómez Besteiro”

Fronte a este “gasto desproporcionado en autobombo” Balseiro contrapuxo os recortes operados polo Goberno bipartito lucense  noutras partidas moito máis esenciais como é o caso da reducción nun 19,41% do gasto en investimentos reais e dun 17% nas transferencias de capital aos concellos. “O que é medible non é interpetable” –dixolle a Gómez Besteiro- salientando que “en pleno debate sobre o futuro das deputacións, vostedes renuncian a facer da de Lugo unha institución en positivo capaz de servir como elemento dinamizador da provincia”

BENESTAR

Balseiro tamén reprochou a Gómez Besteiro que “mentres hai diñeiro para propaganda non hai cartos para cumplir coa lei en materia de benestar” e lembrou que a de Lugo é a única deputación galega que “non financia a parte que lle corresponde para o mantemento do servizo de axuda no fogar dos concellos e tamén a única que non asume ao 100% o custe do servizo de teleasistencia nos municipios máis pequenos”, como si fan o resto.

“Eu pediríalle que, polo ben dos lucenses, abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta. E para iso o primeiro que teñen que facer é cumplir a lei, a de Servizos Sociais que aprobaron vostedes mesmos, o bipartito, e que obriga a prestar estes apoios en concellos de menos de 20.000 habitantes que en Lugo son todos menos a capital” -explicou Balseiro.

Segundo o deputado do PP tamouco ten sentido que Besteiro pretendera promover decenas de miniresidencias “sen falar coa Xunta” mentres, por outra banda, nega a subvención que lle daba anualmente á residencia da terceira idade de Sarria, de titularidade muncipal e que deixou de contar co apoio da Deputación lucense.

SECTARISMO E SUBVENCIÓNS EXCEPCIONAIS

O parlamentario popular tamén acusou a Gómez Besteiro e ao seu Executivo bipartito de aplicar o sectarismo partidista, tanto no tocante ao reparto de fondos do Plan de cooperación con entidades veciñais, como no tocante ao otorgamento dunha longa lista de subvecións directas e extraordinarias. “A pesar de que o PP goberna o 65% dos concellos da provincia só recibe o 10% dos fondos, mentres que o 90% restante vai a mans de concellos gobernandos por PSOE e BNG”.

Ademáis a través de subvencións nominativas ou excepcionais premia a fundacións como á promovida pola UPG (Bautista Álvarez) ou próximas a intereses nacionalistas ou socialistas ou a proxectos tan disparatados como unha gardería en Paraguai ou de cine na Arxentina”.

 POLÍTICA DE PERSOAL

Balseiro tamén tivo palabras para censurar a política en gastos de persoal seguida por Gómez Besteiro, que crece nun 5% e “á que pretende dar continuidade nos orzamentos de 2013. Así por exemplo, lembrou tres datos: Primeiro que o Goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo custa case como o da Xunta pese a xestionar un orzamento case 100 veces inferior; segundo que ata fai un tempo preto do 40% da Executiva provincial do PSOE lucense estaba a soldo da Deputación de Lugo o que supoñía un gasto superior aos 70 millóns das antigas pesetas cada ano, e  finalmente, en terceiro lugar, que as arcas da Deputación soportan o custe dunha lexión de asesores ao servizo do PSOE e o BNG feito que todos podemos comprobar no Boletín Oficial da Provincial”.

O deputado popular tamén pediu explicacións a Besteiro porque tal e como denunciaban desde os sindicatos do ente “mentres o groxo dos traballadores da Deputación non cobran o complemento de produtivide, si o fan na súa maioría persoal vinculado á Presidencia, perosal de confianza que chegaría a cobrar ata 6.000 euros por riba do seu salario bruto”

DEPORTE

O sectarismo tamén está presente no tocante ao eido deportivo, tal e como lembrou, denuncian entidades da solvencia do AzkarLugo, o Porta XI Ensino ou o Club Emevé. “Non son críticas do PP son as propias entidades ás que impugnaban as súas contas” dixo Balseiro quen tamén lembrou que  que a Deputación lucense recorta en cómputo xeral nun 27,5% o gasto destinado á promoción e apoio do deporte.

ASPIRACIÓNS PERSOAIS POR RIBA DOS LUCENSES

En resume tanto os orzamentos para 2013 como a xestión do bipartito lucense está a ser regresiva para os intereses da provincia e especialmente dañina nos ámbitos máis sensibles e naquelas competencias nas que máis tería que verse o apoio das deputacións. “Por riba de Lugo e dos lucenses están as aspiracións persoais de Gómez Besteiro”- concluíu Balseiro.