Tripulacións Mínimas

Logo da xuntanza que mantiveron esta mañá Jose Manuel Balseiro e Jose María González Barcia coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana

DANSE OS PRIMEIROS PASOS CARA A CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN MIXTA PARA A REFORMA DA NORMATIVA SOBRE TRIPULACIÓNS MÍNIMAS

barcos

  • A Xunta de Galicia liderará  este proceso no que estarán convidados a participar a administración  central –en especial a Mariña Mercante- e os representantes do sector pesqueiro.
  • Previsiblemente o primeiro dos encontros de traballo desta comisión terá lugar en Burela.

Santiago, 24 de xaneiro de 2013.- Na mañá de hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela unha xuntanza entre o portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e o alcalde de Burela, Jose María González Barcia coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na que se acordou dar os primeiros pasos para a constitución dunha comisión mixta -na que participarán a administración central e autonómica e os representantes do sector pesqueiro- de cara a abordar a reforma da normativa vixente en materia de tripulacións mínimas.

ADMINISTRACIÓNS E SECTOR PESQUEIRO

Segundo explicaron desde o Partido Popular será a Xunta quen lidere este proceso participativo que pretende sentar as bases para a futura reforma e facelo “en consenso con todos os actores implicados”, dada a problemática que na actualidade se están a atopar no sector para completar o cadro de tripulacións mínimas esixidas para os buques de pesca.

Nos encontros queren convidar a representantes do Ministerio de Fomento, isto é, da Mariña Mercante e do Ministerio de Medio Ambiente, máis en concreto, os no ámbito pesqueiro. Tamén queren que os propoios profesionais do sector teñan un papel destacado nesta comisión mixta.

EN BURELA

Esta previsto que nos vindeiros días se realice a convocatoria oficial desde a Xunta logo da que terá lugar  o primeiro encontro, previsiblemente, na localidade de Burela, un dos principais portos pesqueiros de Galicia.

Tanto Jose Manuel Balseiro como Jose María González Barcia agradeceron a impliación da representante do Goberno galego neste proxecto e subliñaron a receptividade e sensibilidade da Xunta en todo aquelo que supoña abordar melloras no ámbito dun sector da importancia que a pesca ten no conxunto de Galicia.

“Ninguén mellor que Rosa Quintana para liderar este proxecto dado que ela xa vén traballando nesta cuestión e polo tanto coñece de primeira man as necesidades, prioridades e obxectivos a acadar na reforma da normativa sobre tripulacións mínimas”-concluíron os representantes populares.