Ribadeo

O PP fai público o documento oficial no que se proba que Suárez Barcia pretendeu enganar aos seus veciños responsabilizando ao goberno galego desta perda e que actuou con evidente neglixencia en todo o procedemento administrativo

A RESOLUCIÓN OFICIAL DA XUNTA PROBA QUE O ALCALDE DESISTIU DA SOLICITUDE DUN OBRADOIRO DE EMPREGO PARA RIBADEO

Aduana, Concello e Torre dos Moreno, Ribadeo.jpg

  • Múltiples irregularidades: O concello solicitou a subvención  con ata 14      deficiencias e, tras ser advertido disto pola Xunta e outorgado un prazo      para poder corrixilo, non achegou a totalidade da documentación requirida

Ribadeo, 30 de xaneiro de 2013.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra, acompañados do presidente do PP local, Jesús López Penabad e do portavoz municipal, Manuel Valín, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa na que deron a coñecer a resolución oficial da Xunta que proba que o alcalde de Ribadeo, Fernándo Suárez Barcia, desistiu da solicitude dun obradoiro de emprego para esta localidade.

Os dirixentes populares fixeron público o documento oficial no que se demostra que o rexedor nacionalista pretendeu enganar aos seus veciños responsabilizando ao goberno galego desta perda “cando el era o primeiro e único culpable”. Ademais da lectura da resolución oficial pode observarse como o alcalde actuou con “evidente neglixencia” en todo o procedemento administrativo, dando como resultado a perda deste servizo.

Desde o PP aseguraron que o Concello de Ribadeo incorreu en múltiples irregularidades na tramitación desta subvención para obter o obradoiro de emprego. Xa cometeu erros desde o seu inicio porque a solicitude contiña ata 14 deficiencias e, tras ser advertido disto pola Xunta e outorgado un prazo para poder corrixilo, non achegou a totalidade da documentación requirida o que a efectos administrativos supón desistir da solicitude e dar por concluído o procedemento.

DOBRE ENGANO

Os populares aseguron que “se xa é grave que o alcalde de Ribadeo non atenda en tempo e forma os requirimentos da Xunta e que sexa incapaz de supervisar unha simple solicitude de subvención para un servizo da importancia dun obradoiro de emprego, moito máis grave é aínda que pretendera enganar aos veciños e botarlle á culpa a Xunta e ao PP de erros que son responsabilidade única e exclusiva do alcalde”.

Desde o PP conclúen que se Suarez Barcia non é capaz de facer o seu traballo de xeito correcto e ademais xoga ao despiste ocultando a súa neglixencia e desprezando aos 1.226 veciños da comarca que están desempregados e que hoxe poderían ter un traballo neste obradoiro, o mellor que pode facer por decencia democrática e asumir a súa responsabilidade política e marcharse”.

 CRONOLOXÍA DOS FEITOS

 27/02/2012: Tras a solicitude do Concello de Ribadeo iníciase o expediente administrativo para que a Xunta valore e financie o proxecto de Obradoiro de Emprego “Ribadeo conserva”

 10/09/2012: Tras valorar a documentación presentada a Xunta require ao Concello de Ribadeo que corrixa 14 deficiencias detectadas no expediente (ver relación de documentos solicitados) e da un prazo de 10 días hábiles que empezan a contar desde o 13/09/2012 para achegar esta documentación.

24/09/2012: O Concello de Ribadeo responde ao requerimento pero o fai de xeito incompleto con ausencia de ata 4 documentos obrigatorios e erros na memoria económica non corrixidos (ver relación de fallos detectados).

04/01/2013: Rematado o prazo sen que presentara a documentación completa en tempo e forma, a Xunta resolve, conforme ao previsto da orde de convocatoria, dar por desistida a solicitude de obradoiro e concluído o procedemento.