• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Concentración Parcelaria
Conservas Cuca »

Turismo Mariñeiro

6, Febreiro 2013 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular e Secretario do Parlamento de Galicia presenta esta iniciativa parlamentaria ante representantes dos principais axentes do sector pesqueiro da Mariña lucense

BALSEIRO INSTÁ Á XUNTA A ELABORAR UN PROGRAMA DE IMPULSO DO TURISMO MARIÑEIRO A TRAVÉS DA POSTA EN VALOR DE TRES ASPECTOS: O PATRIMONIAL, A PESCA DEPORTIVA E OS DEPORTES NÁUTICOS

 shutterstock_81220549

  • Sinala que aproveitar todo o potencial que para o turismo ten o mar pode ser unha medida efectiva na loita contra a crise e para obter novas oportunidades de emprego.
  • Reclama a creación dunha comisión mixta integrada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, Secretaría Xeral de Deportes e Secretaría Xeral de Turismo, dada a transversalidade dos programas a desenvolver

 

A Mariña lucense, 6 de febreiro de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, presentou no día de hoxe ante representantes dos principais axentes do sector pesqueiro da Mariña lucense unha iniciativa parlamentaria coa que pretende instar á Xunta de Galicia a elaborar un programa de impulso do turismo mariñeiro.

Balseiro sinala que o camiño a seguir neste ámbito pasa pola potenciación de tres aspectos: Primeiro,a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, segundo, a integración da pesca deportiva en compatibilidade coa actividade extractiva profesional e finalmente, a potenciación das actividades náuticas.

No encontro participaron patróns maiores das confrarías de pescadores lucenses e represantes das directivas dos principais Clubs Náuticos da comarca, que puideron realizar as súas achegas e suxestións para o impulso do turismo mariñeiro, cada quen no seu ámbito de influencia.

Tamén estiveron presentes no encontro o deputado popular Vidal Martínez-Sierra, a portavoz na Deputación provincial, Elena Candia e os alcaldes de Foz e Barreiros, Javier Jorge Castiñeira e Alfonso Fuente.

Balseiro explicoulles que a proposta do PPdeG busca a creación dunha comisión mixta que se integre de forma activa na redacción e posterior execución desta plan e na que, polo menos, participen: a Secretaría Xeral de Deportes, a Secretaría Xeral de Turismo e os departamentos que correspondan dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar (entre eles Portos de Galicia) e tendo en conta a transversalidade dos programas a desenvolver.

 EFECTIVO NA LOITA CONTRA A CRISE

O Grupo Parlamentario Popular defende que resulta imprescindibl aproveitar todo o potencial que para o turismo ten o mar, desenvolvendo a súa faceta cultural e etnográfica e potenciando a visión do medio mariño como punto de desenvolvemento de actividades de lecer e, de xeito especial agora que, a situación de crise obriga exixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas e eficientes que coadxuven a paliar os seus efectos e a reducir o desemprego.

 REFERENTE TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE

 Balseiro Orol quixo lembrar que en Galicia a amplitude dos labores relacionados co mar deixaron un amplo pouso patrimonial e cultural, alén dun ronsel etnográfico que se converte hoxe en día nun referente e atractivo turístico de primeira orde.

 “Poñer en valor o inxente volume de recursos patrimoniais, etnográficos, paisaxísticos e biolóxicos, pode servir de complemento ideal á actividade económica marítimo–pesqueira e incluso, constituír unha fonte de ingresos suplementaria para os profesionais do mar, para as entidades asociativas do sector e tamén para as localidades costeiras”- indicou.

 Neste mesma liña, o deputado sinala que “o desenvolvemento de actividades de ocio e lecer no medio mariño son outro elemento de dinamización e complementación económica a ter en conta”. No tocante aos deportes náuticos xa existe un ambicioso proxecto que serve como folla de ruta, a través do Plan Estratéxico da Náutica Recreativa de Galicia 2012-2020. E no relativo á pesca deportiva cómpre desenvolver un corpo normativo específico para esta actividade, velando pola sustentabilidade e compativilidade coa actividade profesional.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: