O portavoz José Manuel Balseiro afirma que “non se vai reducir a información que recibe o consumidor respecto ás conservas”
O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE A REFORMA DA NORMATIVA EUROPEA RELATIVA Á ETIQUETAXE “SO BUSCA SIMPLIFICAR” ESTES IDENTIFICATIVOS
- Balseiro indica que a aprobación da normativa como pretende o BNG “podería levar á inoperatividade ao sector conserveiro e conxelador galego”
Santiago, 7 de febreiro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, asegurou hoxe que a reforma da normativa europea relativa á etiquetaxe “só busca simplificar” estes identificativos dos produtos e non se vai reducir a información que recibe o consumidor respecto ás conservas.
Balseiro sinalou que a normativa vixente “de obrigado cumprimento segue obrigando a dar todo tipo de información do produto, incluída a súa orixe, polo que perduran todas as normas sobre trazabilidade do produto das conservas”.
INOPERATIVIDADE CO BNG
Neste sentido, o portavoz popular concretou que “o propio artigo 42.2 da Organización do Mercado Común mantén a referencia ás normativas comunitarias que esixen que no caso concreto das conservas figure a trazabilidade”.
“A interpretación que fai o BNG sobre este asunto volve a ser novamente sesgada e parcial, porque a aprobación da normativa como pretende podería levar á inoperatividade ao sector conserveiro e conxelador galego”, apuntou.