• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión
Xantar 2013 »

Porto de Vigo

18, Febreiro 2013 por Admin B

O portavoz do Mar, Jose Manuel Balseiro, busca o acordo unánime de todas as forzas políticas do Parlamento galego, para mostrar o apoio a esa reclamación e para corrixir unha exclusión nunca explicada

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR RECLAMA Á UNIÓN EUROPEA QUE INCLÚA A VIGO COMO PORTO NODAL NA REDE TRANSEUROPEA DE TRANSPORTE

 img124

 

  • Os populares lembran que Vigo é o primeiro porto de España en tráfico de pesca para consumo humano e tamén en tráfico de granito en bruto e elaborado

 

  • Lamenta que a decisión de excluír a Vigo como porto nodal decidida polo anterior goberno socialista en Madrid continúe no borrador de regulamento europeo que estuda a Comisión de Transportes

 

 

Santiago, 16 de febreiro de 2013.- O Grupo Parlamentario Popular de Galicia reclama á Unión Europea que faga todo o necesario para que o Porto de Vigo sexa incluído como porto nodal (Core Network), na Rede Transeuropea de Transporte e que apareza así considerado no Regulamento Europeo correspondente.

Esta petición aparece incluída nunha iniciativa que o Grupo Popular rexistrou no Parlamento de Galicia e que, segundo explicou o portavoz do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, busca contar co acordo unánime de todas as forzas políticas da Cámara galega e acadar así un apoio sen fisuras a esta reclamación, de tal xeito que se poida corrixir unha exclusión nunca explicada e totalmente inxustificada.

O deputado popular lembra que logo da publicación en outubro de 2011 da Proposta inicial de borrador Reglamento Rede Transeuropea de Transportes (RTE-T), o porto de Vigo non aparecía na relación dos portos nodales de España. Esta exclusión orixinou unha forte reacción de queixa dende os sectores da cidade de Vigo, a Autoridade Portuaria, os usuarios do Porto, a Xunta de Galicia e os partidos políticos, que serviu para impulsar medidas dirixidas a corrixila.

Lamentablemente o borrador definitivo dese Reglamento que manexa a Comisión de Transportes do Parlamento Europeo mantén esta exclusión, aínda que si incorpora novos portos nodais en países como Italia, Gran Bretaña e Bélxica. Balseiro lembra que as emendas impulsadas polo Grupo Popular para tratar de incorporar ao Porto de Vigo á lista de portos nodais non foron aceptadas, logo do seu debate o pasado día 18 de decembro, polo que o porto quedou na mesma situación na que o deixara o Goberno socialista de Madrid en outubro de 2011.

LIDERADO POLA AUTORIDADE PORTUARIA

“Estamos a tempo de corrixir esta inxustiza. Aínda existen posibilidades de incorporación do Porto de Vigo, pero para iso é necesario que todas as forzas políticas galegas rememos no mesma dirección e co mesmo obxectivo”, afirma Balseiro Orol, quen tamén sinalou que se trata dunha petición liderada desde a propia Autoridade Portuaria viguesa e polo seu presidente.

Balseiro quixo deixar claro que Vigo dispón de múltiples razóns que xustifican que se converta nun porto nodal da nova Rede Europea, entre as que sinalou que é o primeiro porto de España en tráfico de pesca para consumo humano, e tamén o primeiro porto de España en tráfico de granito en bruto e elaborado. Vigo concentra mais do 75% do tráfico de contenedores de Galicia e aglutina case o 40% das exportacións de Galicia, de feito é a segunda dársena de España en tráfico ro-ro de vehículos novos.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO, INFRAESTRUTURAS, PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: