Porto comercial de Mirasol en Ribadeo

O deputado popular interpelou ao Presidente de Portos de Galicia esta tarde durante a Comisión de Pesca do Parlamento galego

BALSEIRO SALIENTA O COMPROMISO DA XUNTA COA BLINDAXE DA ACTIVIDADE DE ENCE NO PORTO COMERCIAL DE MIRASOL EN RIBADEO

 Balseiro

  • Jose Juan Durán confirma que a papeleira naviega ten asinado un convenio coa Xunta que garante ata 2020 o uso preferente da dársena comercial de Ribadeo e executado investimentos, melloras e descontos tarifarios que o converten no porto comercial máis competitivo da zona galaico-asturiana.

  

Santiago, 21 de febreiro de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou o compromiso da Xunta coa blindaxe da actividade de ENCE no porto comercial de Ribadeo. O parlamentario mariñán fixo estas declaracións logo de interpelar ao Presidente de Portos de Galicia, esta tarde, durante a Comisión de Pesca do Parlamento galego.

O MÁIS COMPETITIVO

Jose Juan Durán asegurou que Portos de Galicia “ten demostrado reseñadamente o seu compromiso co peirao de Mirasol, dentro do compromiso xeral coa activación económica da Mariña lucense”, e nese senso lembrou investimentos que superan os 2 millóns de euros e destinados á dragaxe, á ampliación do peirao e mellora dos servizos auxiliares, ou desenvolvido descontos tarifarios que o converten no porto comercial máis competitivo da zona galaico-asturiana.

“Fixemos obras, negociamos réximes tarifarios específicos en base a seu nivel de actividade, establecemos un marco rexedor das obrigas da empresa e da Administración para garantir ata 2020 o traballo coordinado e seguiremos traballando nesta liña”- dixo Jose Juan Durán.

Tanto o Grupo Parlamentario Popular como o propio Presidente do Ente público portuario insistiron na importancia de eliminar calquera sospeita de dúbida sobre a relevancia que desde a Xunta se outorga a que a actividade de Ence en Mirasol continúe desenvolvéndose cando menos co ritmo que o veu facendo. “Nelo poremos todo o noso empeño e esforzo e realizaremos as accións e actuacións que sexan necesarias para cumprir así coa nosa obriga”-concluíu Jose Juan Durán quen tamén confirmou, a pregunta do Grupo Popular, que a papeleira naviega ten asinado un convenio coa Xunta que garante ata 2020 o uso preferente da dársena comercial de Ribadeo.

VÍA DE COMUNICACIÓN FLUÍDA COA EMPRESA

O Presidente de Portos de Galicia tamén concretou que mantén unha fluída vía de comunicación cos responsables da empresa “a fin de obter o máximo rendemento da relación entre ente público e operador e intercambiar calquera tipo de información de primeira man, como corresponde”. Así mesmo, “ambas partes, Portos de Galicia e a empresa mantemos un contacto regular a nivel técnico, a través dos profesionais especializados que foron designados para conformar a comisión de seguemento do convenio asinado en 2010”.

Segundo Balseiro, con independencia dos plans que poida ter o Executivo socialista “ hai suficientes garantías para asegurar que a peirao comercial de Ribadeo seguirá a ser un motor motor de xeración de riqueza e emprego, unha infraestrutura estratéxica que poderá contribuír de xeito decisivo na reactivación económica da nosa comunidade. Balseiro concluíu sinalando que o PP foi a primeira forza política  comprometida coa ofensiva en defensa do porto comercial de Ribadeo e continúa nesta liña de apoio. “Debemos lembrar que, un tráfico portuario que PSOE e BNG daban por perdido  hoxe  está consolidado e fixo falta moito sentido común, disposición para o entendemento e unha oferta sólida, crible e difícil de rexeitar para conseguilo”