• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Porto comercial de Mirasol en Ribadeo
Xarda »

Descartes pesqueiros

26, Febreiro 2013 por Admin B

Jose Manuel Balseiro preguntará á Conselleira do Medio Rural e do Mar no vindeiro pleno do Parlamento de Galicia sobre o acordo adoptado pola Eurocámara

O GRUPO POPULAR AMOSA A SÚA OPOSICIÓN AO INFORME DO PARLAMENTO EUROPEO QUE PROPÓN PROHIBIR OS DESCARTES PESQUEIROS E LAMENTA A FALTA DE APOIO DO PSOE Á FLOTA GALEGA

 Pesca

  • O voceiro do Mar asegura que só o Partido Popular Europeo é  sensible aos problemas que unha reforma errada da normativa comunitaria pode crear ao sector pesqueiro

 

Santiago, 26 de febreiro de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa rotunda oposición ante o informe aprobado polo Parlamento Europeo e no que se propón prohibir os descartes no ámbito pesqueiro. A Eurocámara quere obrigar a desembarcar todas as capturas en porto aplicando un calendario moi restritivo que comezaría a contar no ano próximo e que suporía consagrar a política de descartes cero antes do ano 2016. Coa nova proposta as capturas que entraron na rede aínda que a embarcación non tiña permiso ou interés para pescar esas especies terían que descontarse da cota aínda dispoñible.

 Ante a relevancia desta decisión, que aínda non é definitiva, o parlamentario galego rexistrou unha pregunta dirixida á Conselleira do Medio Rural e do Mar e que será obxecto de análise no vindeiro pleno do Parlamento de Galicia, a través da que busca coñecer a opinión da Xunta sobre o acordo adoptado pola Eurocámara.

 Balseiro xa adiantou que en opinión do Grupo Popular o acordo do Parlamento europeo tal e como está formulado é moi prexudicial para o sector pesqueiro galego e sinala que “pon en jaque a unhas 150 embarcacións galegas, que se corresponden coas que realizan pesquerías mixtas tanto no caladoiro nacional como en augas comunitarias”.

 EMENDA DO GRUPO POPULAR

 “Concordamos co compromiso de acabar progresivamente cos descartes pesqueiros, pero queriamos facelo dunha forma flexible e non de xeito inmediato, para non comprometer a viabilidade da flota”-dixo Jose Manuel Balseiro

 O voceiro do Mar asegura que só o Partido Popular Europeo é  sensible aos problemas que a reforma da lexislación comunitaria pode crear ao sector pesqueiro e non dubidou en reprochar aos socialistas que non apoiasen as enmendas favorables a España na votación da Eurocámara

 Balseiro lembra que a emenda rexistrada polo Grupo Popular Europeo e defendida pola eurodeputada galega Carmen Fraga non logrou os votos suficientes -pola falta de apoio dos socialistas, incluídos os españois, o bloque nórdico e os Verdes-

 Con todo Balseiro confía en que non tramo final da negociación da reforma da política común pesqueira (PCP) –que debe ser aprobada a través do proceso de codecisión- poida frearse esta pretensión inicia da prohibición inmediata dos descartes e se teñan en conta outros factores como o impacto económico e social que esta decisión pode ter na flota galega.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: