Hospital da Costa

O secretario xeral dos populares lucenses asegura que sigue plenamente vixente o compromiso refrendado polo Presidente da Xunta para a ampliación do centro hospitalario mariñá nesta lexislatura

Balseiro di que o PP só apoiará o mantemento e mellora dos servizos sanitarios do Hospital da Costa e que se potencie a súa capacidade de atención aos doentes

Hospital da Costa (Burela)

  • Rexeita o falso alarmismo que  está xerando a oposición entre a cidadanía desta comarca e sinala que levan tres anos co mesmo discurso do medo, incluso enganando sobre un falso peche do hospital.
  • Lembra que PSOE e BNG que hoxe defenden a área sanitaria da Mariña desde o goberno querían integrala en Ferrol

Burela, 27 de febreiro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro asegurou que a súa formación política só apoiará o mantemento e mellora de servizos sanitarios no Hospital da Costa e que se potencie a capacidade de atención asistencial dos doentes da comarca.

 O dirixente popular lembrou ademais que sigue plenamente vixente o compromiso refrendado polo Presidente da Xunta para a ampliación do centro hospitalario mariñán nesta lexislatura e polo tanto todos estes proxectos son incompatibles cos falsos argumentos que empregan desde a oposición.

“Queremos deixar moi claro que o PP e o Goberno da Xunta non permitirá ningún tipo de perda de servizos sanitarios no Hospital, nin peche de especialidades, nin redución de consultas, … etc. É absolutamente falso que vaia a deteriorarse a calidade asistencial e a capacidade de resolución deste centro hospitalario. Máis ao contrario, só traballaremos, como temos feito ao longo da pasada lexislatura, por mellorar e ampliar servizos no ámbito da saúde”-dixo Balseiro

O DISCURSO DO MEDO

O número dous do PPdeLugo rexeitou o falso alarmismo que está xerando a oposición entre a cidadanía desta comarca e lembrou que levan tres anos co mesmo discurso, que cualificou como “discurso do medo”, incluso enganando sobre un falso peche do hospital. “Somos os primeiros interesados en defender o noso hospital, e que todo aquilo que poda resolverse aquí non teña que ir a outros centros”-dixo Balseiro

EN FERROL

O dirixente popular insiste en que este tipo de alarmas só buscan danar ao Partido Popular por intereses puramente partidistas e lembra que PSOE e BNG que hoxe din defender a área sanitaria da Mariña cando tiñan responsabilidade de Goberno no bipartito querían integrala en Ferrol. Feito que ademais está demostrado en documentos públicos e oficiais que no seu momento puidemos coñecer.