• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Flota do litoral
Grupo Parlamentario »

Parlamento: Porto de Foz

7, Marzo 2013 por Admin B

Portos de Galicia mantén o seu compromiso co sector profesional e náutico recreativo de Foz e cos mandatos promovidos polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia

JOSE JUAN DURÁN CONFIRMA A PREGUNTAS DE BALSEIRO QUE A XUNTA XA TEN EN LICITACIÓN A OBRA DE DRAGAXE DO PORTO DE FOZ QUE EXECUTARÁ NESTA PRIMAVEIRA

fozg

  • O deputado popular lembra que a dragaxe que agora ten previsto acometerse é a de maior envergadura realizada na ría de Foz e sumada á anterior –de emerxencia- dá como resultado un investimento de relevancia de máis de medio millón de euros

Santiago, 7 de febreiro de 2013.- O presidente de Portos de Galicia confirmou hoxe a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro que a Xunta xa ten en licitación a obra de dragaxe do porto de Foz e que será executada nesta primavera. O titular do ente público autonómico ratificóu que o Goberno galego mantén plenamente vixentes os seus compromisos co sector profesional e náutico recreativo de Foz e cos mandatos promovidos polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia, instando á realización desta obra.

O deputado popular interesouse -a través dunha pregunta parlamentaria que foi obxecto de análise na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego- polos trámites pendentes desta actuación que lembrou ten grande interese dado que a progresiva acumulación de sedimentos areosos vén reducindo de xeito significativo o calado do porto e da canle de acceso, dificultando as manobras de entrada e saída das embarcacións tanto pesqueiras como recreativas.

“Portos de Galicia ten xa en licitación a obra. Actualmente, abríronse xa os sobres A e B e as ofertas están pendentes de ser avaliadas tecnicamente. Posteriormente, como corresponde avaliarase a oferta económica para proceder a conseguinte adxudicación da obra e á súa execución, que está previsto que se poida realizar nesta primavera”- confirmou Jose Juan Durán.

MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS

Tanto Jose Manuel Balseiro como o propio presidente de Portos lembraron nas súas intervencións que a dragaxe que agora ten previsto acometerse é a de maior envergadura realizada na ría de Foz e sumada á anterior dá como resultado un investimento de relevancia, de máis de medio millón de euros, que no contexto económico actual son de gran relevancia, pero que teñen por obxecto priorizar as actuacións dirixidas a solventar os problemas de calado desta ría.

MOTIVOS DA DILACIÓN

A preguntas de Jose Manuel Balserio o presidente de Portos de Galicia tamén confirmou que os motivos que levaron a dilatar no tempo da tramitación da obra. En concreto, explicou que foi obrigatorio afrontar na tramitación previa da actuación de dragaxe do porto de Foz unha avaliación ambiental reforzada e especialmente complexa e rigurosa dado que no estuario focense converxen tres catalogacións ambientais europeas: Lugar de Interés Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección Ambietal (ZEPA) e Rede Natura.

De feito avalouse unha proposta de variación do punto de vertido a unha zona diferente á inicialmente elixida. Os usuarios do porto e nomeadamente o colectivo profesional querían levar os sedimentos a Fondás, co propósito de que servisen para a rexeneración dos fondos marítimos, bancos marisqueiros e areais. Sen embargo, a tramitación ambiental desta opción revelou que non era viable, polo que se volveu á proposta inicial de punto de vertido en Arealonga

OUTRAS MELLORAS

Finalmente, en resposta a Jose Manuel Balseiro, o presidente de Portos tamén confirmou que nas últimas semanas a Xunta finalizou unha actuación de reforzo da seguridade peonil, a través da construcción dunha pasarela voada no bordo portuario, na que se investiron 50.000 euros.

“Así conseguiuse a ampliación da beirarrúa na zona en 1,40 metros, reforzando a seguridade de todos os usuarios do porto, peóns e vehículos. Así mesmo mellorase a seguridade viaria coa modificiación das direccións de circulación, reconducindo o tráfico de vehículos por unha vía de dobre sentido” –dixo Jose Juan Durán. Estes traballos implicaron ademais a retirada dos 150 metros lineais de varanda de aceiro inoxidable e a posterior recolocación na pasarela xa ampliada. Para completar o acondicionamento da zona instalarase tamén mobiliario urbano, composto por papeleiras e xardineiras.

Finalmente e de xeito consensuado co Concello de Foz, Portos de Galicia está a definir accións de integración entre a vila e as instalacións portuarias e preparando melloras no plan de usos en vigor. Máis en concreto estase a tramitar a redacción dun Plan Especial, que permita tamén desenvolver novos proxectos de infraestruturas no entorno portuario e impulsar o turismo de lecer nesta zona.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: