• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Grupo Parlamentario
Becerreá »

Seguros marítimos

7, Marzo 2013 por Admin B

Socialistas e nacionalistas desde o Goberno bipartito negaban unha e outra vez melloras no servizo de salvamento da Xunta, incluso despois de terse producido graves accidentes como o do buque Cordero que puxeron de relevo as deficiencias no seu funcionamento hoxe corrixidas

O GRUPO POPULAR DEFENDE O NOVO SEGURO MARÍTIMO FRONTE AO MODELO DO BIPARTITO QUE CREABA UNHA FALSA SENSACIÓN DE PROTECCIÓN

 Marcolax

  • Balserio lembrou que as condicións do Servizo de Gardacostas melloraron co Partido Popular na Xunta ao incorporar as gardas presenciais nos heliportos de Vigo e Celeiro que garanten a súa operatividade e resposta inmediata as 24 horas dos 365 días do ano.

 

Santiago, 7 de marzo de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia o novo modelo de seguro marítimo -apoiado pola Consellería do Medio Rural e do Mar- en contraposición á fórmula anterior impulsada polo bipartito e que, segundo explicou, “xeraba unha falsa sensación de protección para armadores e tripulantes que se vían involucrados nun accidente marítimo”.

“Eliminar o actual seguro de responsabilidade civil e volver ao antigo de accidentes que había co bipartito suporía dar un paso atrás, un retroceso evidente, nas melloras experimentadas coa posta en marcha das novas pólizas aseguraticias”-dixo Balseiro.

De feito, afondando neste argumento lembrou que antes cando se producía un sinistro marítimo, os tribunais acaban recoñecendo indemnizacións moi superiores ás que cubría o seguro anterior e, polo tanto, esta situación levaba á quebra da empresa armadora incapaz de facer fronte, na maior parte dos casos, a este gasto. Ademais, para obter a indemnización completa os familiares dos tripulantes accidentados tiñan que asumir custosos e interminables litixios no estranxeiro, pois as empresas aseguradoras eran de fóra de España.

NOVAS VANTAXES

Pola contra, o novo modelo non só cubre a responsabilidade civil da empresa armadora fronte a terceiros con ata 25 millóns de euros, en embarcacións con máis de 5 tripulantes, senón que ademais a póliza do seguro pode subscribirse con empresas galegas e en caso de litixio acudir aos tribunais do noso país.

Outra das vantaxes do novo modelo aseguraticio é que dá cobertura aos accidentes que poidan sufrir os mariscadores a pé, e polo tanto, non só cubre ás flotas de altura e de baixura, senón tamén a todos estes profesionais do marisqueo que non teñen por que empregar embarcacións para desenvolver o seu traballo.

Balseiro negou que detrás da supresión do seguro anterior, como defenden desde a oposición, existan razóns de índole económico distintas da supresión dun gasto que se estaba a demostrar como ineficiente. De feito, a Xunta de Galicia tamén financiará ata o 25% do custe das pólizas do novo modelo de seguro marítimo obrigatorio e do seguro de accidentes para mariscadores  a pé.

Balseiro lembrou que son as propias federacións de confrarías de pescadores –as provinciais e a galega- as que amosaron o seu apoio público e explícito ao novo seguro e cualificaron de obsoleto e ineficaz o modelo anterior.

GARDACOSTAS DE GALICIA

En relación co debate sobre o funcionamento do servizo de salvamento da Xunta Balserio Orol lembrou tamén que as condicións dos Gardacostas melloraron co Partido Popular no goberno da Xunta ao incorporar as gardas presenciais nos heliportos de Vigo e Celeiro que garanten a súa operatividade e resposta inmediata as 24 horas dos 365 días do ano.Ademais fronte as acusacións de privatización do servizo sinalou que o servizo de rescate (aéreo e naval) sempre foi prestado (incluído durante a época do bipartito) por empresas privadas ás que se lles contrata a prestación do mesmo a través dunha concesión (Inaer – Helicsa e Remolcanosa), polo que non hai hoxe o non existiu nunca privatización algunha.Finalmetne o deputado popular deixou claro que a Consellería do Medio Rural e do Mar blindou o operativo de salvamento no mar nos orzamentos de 2013 e mesmo incrementou a súa contía.

 Finalmente Balserio lembrou que socialistas e nacionalistas desde o Goberno bipartito negaban unha e outra vez melloras no servizo de salvamento da Xunta, incluso despois de terse producido graves accidentes como o do buque Cordero que puxeron de relevo as deficiencias no seu funcionamento hoxe corrixidas

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: