• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Montes
Artigo seguinte »

13, Marzo 2013 por Admin B

A medida é máis xusta e permite á Xunta priorizar os seus recursos e ampliar o acceso gratuíto aos comedores escolares a todos aqueles que teñan menos recursos

PRETO DO 57% DOS ALUMNOS LUCENSES NON PAGARÁN COMEDOR ESCOLAR E O RESTO EN TRAMOS DE 1 A 4,5€ DIARIOS COMO MÁXIMO EN FUNCIÓN DA SÚA RENDA

Escolares

  • Fronte a iso o modelo socialista: gratis total para todos, pero deixándoo todo a deber para que o pague o seguinte que goberne

 

Lugo, 13 de febreiro de 2013.- O Partido Popular de Lugo, a través do seu secretario xeral, Jose Manuel Balseiro, saíu hoxe ao paso das críticas efectuadas polo PSOE e lembrou que, segundo as previsións da Xunta de Galicia, preto do  o 57% dos alumnos lucenses non pagarán nada polo uso do comedor escolar.

Os populares defenden que a Xunta adoptou unha medida que garante que os que teñen menos recursos poidan seguir tendo acceso gratuíto aos comedores escolares e que o resto dos usuarios, con rendas máis altas, contribúan para poder seguir aumentando as prazas de comedores escolares xestionados pola administración autonómica.

EN FUNCIÓN DA RENDA

“Parécenos razoable que o acceso a determinados servizos se module en función das rendas. Ningún mileurista vai ter que pagar o comedor escolar, pero é normal que as rendas altas o fagan. Non é sensato que unha familia con ingresos de máis de 60.000 euros ao ano teña comedor gratis nun momento económico de dificultade como este” explicou Balseiro.

O secretario xeral dos populares lucenses insiste en que aqueles que realicen pagos deberán facelo en tramos de 1, 2,5 e 4,5 euros diarios como máximo, distribuídos en función da renda das familias. “Cremos que é unha medida xusta, que permite á Xunta priorizar os seus recursos e seguir estando á beira de quen máis o necesitan”.

DÉBEDAS DO PSOE

Balseiro tamén explicou que “fronte ao actual modelo, a oposición defenderá unha vez máis o modelo socialista: gratis total para todos, pero deixándoo todo a deber para que pague o seguinte que goberne”. Mentres que agora a Xunta aplica unha política máis xusta, de redistribución da riqueza, de responsabilidade na xestión dos recursos.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EDUCACIÓN |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: