• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Consello da Xunta
SOFOR »

Blindamos os servizos sanitarios públicos

14, Marzo 2013 por Admin B

Rolda de prensa de Jose Manuel Balseiro Orol acompañado de alcaldes de portavoces locais da comarca logo de anunciarse a licitación do Plan Director do Hospital

O PP PRESENTA INICIATIVAS NO PARLAMENTO GALEGO E EN TODOS OS CONCELLOS DA MARIÑA ASUMINDO O COMPROMISO DE BLINDAR OS SERVIZOS E CONSULTAS DO HOSPITAL DA COSTA E DE IMPULSAR A SÚA AMPLIACIÓN

la foto 3

  • Os populares aseguran que son os primeiros en defender o centro hospitalario e que nunca consentirían un retroceso

Burela, 14 de marzo de 2013.- Alcaldes, portavoces locais e dirixentes do Partido Popular da Mariña ofreceron hoxe unha rolda de prensa xunto ao seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro para dar conta da intención desta formación política de presentar unha batería de iniciativas tanto no Parlamento galego como en todos os concellos da Mariña, na que asumen diante da cidadanía o compromiso de blindar os servizos e consultas que na actualidade existen no Hospital da Costa e de impulsar a ampliación deste centro hospitalario.

A iniciativa dos populares ten por obxecto facer desaparecer calquera tipo de dúbida ou precaución en relación coa posición do Partido Popular e da Xunta –na que teñen a responsabilidade de goberno- e deixar claro que todos e cada un dos cargos públicos do PP “seremos os primeiros en defender o Hospital da Costa e nunca consentiremos un retroceso, todo o contrario, só defenderemos a súa mellora”.

De feito a proposta de acordo inclúe tres puntos –que os populares cualifican como compromisos básicos imprescindibles- como son:

1) Garantir a continuidade de todos os servizos, unidades e consultas existentes no Hospital da Costa de Burela e incluso desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial.

2) Manter o actual mapa sanitario do Sistema Público de Saúde na provincia de Lugo de tal xeito que se manteña a área sanitaria da Mariña (Cervo-Burela) e incluso reforzala xa que logo o xerente executivo desta área terá baixo a súa responsabilidade non só o centro hospitalario senón tamén os centros de atención primaria da comarca.

3) Levar adiante, de inmediato, a ampliación do Hospital da Costa, co fin de adaptalo á actual demanda asistencial, á mellor prestación para os pacientes e á realización do traballo dos profesionais con seguridade e calidade.

PASO HISTÓRICO LOGO DE 27 ANOS DA SÚA INAUGURACIÓN

Respecto deste último punto os populares valoraron moi positivamente o paso histórico que supuxo o aval do Consello da Xunta para que no día de mañá o Diario Oficial de Galicia publique a licitación do Plan Director do Hospital da Costa, que fará realidade a ampliación do centro. Os populares lembraron que este foi o principal compromiso electoral asumido polo PP coa comarca nesta lexislatura. “Dixémolo e estamos cumprindo. Houbo promesas, pero nunca antes nos 27 anos de historia deste centro ningún outro Goberno iniciou os trámites oficiais para facer realidade esta ampliación. O Consello da Xunta, presidida por Alberto Núñez Feijóo vén de autorizar a redacción do seu Plan Director e arquitectónico, isto é o primeiro paso do procedemento administrativo polo que se saca a concurso o documento que dirá cómo, canto, de que xeito e con que condicións poderemos facer do Hospital da Costa un centro mellorado, un gran complexo sanitario na nosa comarca, preparado para dar resposta ás necesidades actuais e futuras”

O HOSPITAL DA COSTA: CENTRO DE REFERENCIA PARA A MARIÑA

O Partido Popular insistiu finalmente en que a creación dunha estructura de xestión integrada a nivel provincial non supón que a xestión da saúde dos mariñans pase a depender ou decidirse en Lugo, como algúns aseguran, senón que o que fai é crear un órgano de coordinación das tres áreas sanitarias lucenses (Lugo, Norte e Sur). “Coordinar non é perder autonomía, nin capacidade económica, nin servizos, todo o contrario, cunha xestión coordinada poden facerse mellor as cousas e gañar en calidade, ofrecer unha mellor asistencia sanitaria pública para os lucenses”

Desde o Partido Popular insisten en que a área sanitaria da Mariña seguirá dirixida por un xerente executivo que verá ampliada a súa competencia de xestión, xa que ademais da dirección do hospital acumula a de todos os centros de saúde. Por outra banda sinala que como aconteceu nos hospitais de Verín ou Valdeorras, a xestión integrada tamén da pé a contar con novos servizos: quimioterapia, cirurxía vascular, etc… así como a evitar desprazamentos de pacientes ata Lugo. “Todo o que se poida resolver en Burela, se fará aquí, porque ao SERGAS lle resulta antieconómico e, o que é máis importante, ilóxico desde o punto de vista da atención aos pacientes, ter que obrigalos a desprazarse a Lugo para algo que poden resolver ao carón do seu fogar”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: