PRIMEIROS PASOS PARA
A AMPLICIÓN DO HOSPITAL DA MARIÑA
O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE INICIA A LICITACIÓN DA REDACCIÓN DO PLAN DIRECTOR DO HOSPITAL DA COSTA
-
Diario Oficial de Galicia de mañá venres publicará o anuncio indicativo do contrato do servizo para a redacción do Plan director
-
O custo estimado da licitación da redacción do Plan director será de 143.392 euros
-
Esta medida posibilitará ampliar o centro e realizar as reformas necesarias para que os cidadáns da Mariña conten cun hospital moderno, innovador e de futuro
O Consello da Xunta examinou un informe da Consellería de Sanidade referido ao inicio da licitación da redacción do Plan Director do Hospital da Costa, que vai permitir amplialo e realizar as reformas necesarias para que os cidadáns da Mariña conten cun hospital moderno, innovador, de futuro e con maior capacidade para prestar coidados e servizos.
O custo estimado da licitación da redacción do Plan director será de 143.392 euros. Para tal efecto, o Diario Oficial de Galicia de mañá venres publicará o anuncio indicativo do contrato do servizo para a redacción do Plan director.
Tal e como se recolle no informe, logo de analizar as distintas posibilidades de ampliación do hospital, óptase inicialmente pola ampliación lateral leste como a opción
máis viable. A distribución dos servizos e unidades prevista é, no semisoto, hospital de día e unidade de diálise; no andar baixo, consultas externas e gabinetes de exploración;e nos andares primeiro e segundo, cirurxía maior ambulatoria e hospitalización.
Tras ser aprobado o plan funcional, o departamento que dirixe Rocío Mosquera procedea licitar a redacción do Plan director