• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Xestión integrada
Acordo pesqueiro con Mauritania »

Urbanismo

23, Marzo 2013 por Admin B

Agustín Hernandez dará conta deste asunto na sesión Plenaria do Parlamento de Galicia prevista para a semana próxima

BALSEIRO INTERPELARÁ AO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS SOBRE A SITUACIÓN URBANÍSTICA DE BECERREÁ

 Dibujo

  • Pon de relevo a falta de sensibilidade do alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, quen, a pesar de ser plenamente consciente dos problemas que está a xerar aos seus veciños, leva anos impedindo unha solución

  

Santiago, 23 de marzo de 2013.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, interpelará ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante a sesión plenaria da Cámara galega da vindeira semana para que explique a situación urbanística do concello lucense de Becerreá, no que a Alcaldía bloquea a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e, deste xeito, impide unha posible solución para legalizar as vivendas que neste momento se atopan fóra da Lei, por carecer da preceptiva licenza.

 Balseiro pedirá a Agustín Hernández que explique cales foron os pasos seguidos ata o de agora polo Concello de Becerreá e polos distintos departamentos da Xunta en relación coa tramitación do Plan Xeral e as razóns polas que case oito anos despois de ter iniciado o expediente aínda non hai unha resolución final.

 FALTA DE SENSIBILIDADE

 O parlamentario popular pon de relevo a falta de sensibilidade do alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, quen a pesar de ser plenamente consciente dos problemas que está a xerar aos seus veciños, leva anos impedindo unha solución.

 Balseiro tamén cuestiona ao rexedor socialista lembrando que non tivo reparo en opoñerse ás ordes de derrubo dunha vivenda sancionada por carecer de licenza, pero en cambio foi incapaz durante todo este tempo en impulsar medidas que terían evitado esta sanción.

 Entre elas, o parlamentario apunta, como xa se explicou, a tramitación do PXOM e a delimitación do núcleo rural no que se atopa esta e outras vivendas, procedemento que agora parece que si ten previsto facer o concello, logo de que o Grupo Municipal Popular así llo esixira ao alcalde.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en URBANISMO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: