• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Acordo pesqueiro con Mauritania
Artigo seguinte »

Incendios

27, Marzo 2013 por Admin B

A  colaboración público-privada permite a Xunta dispoñer de medios complementarios de gran especialización tecnolóxica como son os helicópteros contra incendios ou os avións de carga en terra

O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE A XUNTA TEN QUE APROVEITAR TODOS OS RECURSOS DISPOÑIBLES, “SEN EXCEPCIÓN”, NA LOITA CONTRA O LUME

 la foto

  • Jose Manuel Balseiro lembra que os operativos de prevención e extinción de incendios forestais prestan un servizo público, están financiados con recursos públicos e coordinados e dirixidos por persoal da administración pública

 

Santiago, 27 de marzo de 2013.- O Grupo Parlamentario Popular defende que a Xunta de Galicia ten que aproveitar todos os recursos dispoñibles “sen excepción” na loita contra os incendios forestais e, en consecuencia, rexeitou a proposta de AGE pola que reclamaba no Pleno do Parlamento de Galicia que só se empreguen medios de titularidade pública.

O deputado Jose Manuel Balseiro, encargado de posicionar o Grupo Popular, cualificou como “indispensable” e “irrenunciable” a colaboración público-privada na loita contra o lume que permite a Xunta, por exemplo, dispoñer de medios complementarios de gran especialización tecnolóxica como son os helicópteros contra incendios ou os avións de carga en terra.

Os populares consideran que as teses defendidas por AGE son “temerarias” porque suporía renunciar a recursos e a uns medios que polo seu gran custe e elevado gasto de mantemento e, polo seu uso nun período moi limitado, non están ao alcance da iniciativa pública.

SERVIZO PÚBLICO, FINANCIADO CON RECURSOS PÚBLICOS

Balseiro en todo caso quixo deixar claro que os operativos de prevención e extinción de incendios forestais prestan un servizo público, están financiados con recursos públicos –procedentes dos impostos de todos os galegos- e coordinados e dirixidos por persoal da administración pública.

DIRECTOR TÉCNICO DE EXTINCIÓN

No ámbito da xestión de persoal Jose Manuel Balseiro explicou que o operativo contra incendios está integrado basicamente por traballadores públicos: funcionario, laboral, fixo e fixo discontinuo –de feito co PP no goberno aumentaron en máis de 900 prazas, e complétase con outros medios nas épocas de maior risco. En todo caso, son postos de traballo financiados con recursos públicos e dirixidos por persoal da administración pública.

De feito o Grupo Popular lembrou que a modificación normativa da Lei autonómica de incendios operada trala aprobación da Lei de Montes, na pasada lexislatura, tivo por obxecto reforzar a figura do director técnico de extinción, ao convertelo no responsable máximo e mando único operativo durante as tarefas de loita contra o lume, que ademais garante a coordinación de todos os traballadores que participan na extinción.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: